A CORUÑA VIBROU CO TRÍATLON.

A CORUÑA VIBROU CO TRÍATLON.

30/09/2019
A CORUÑA VIBROU CO TRÍATLON.

Ao longo da pasada fin de semana a cidade herculina foi a sede do Campionato de España de Tríatlon en Distancia Olímpica.

Máis de seiscentos deportistas, entre os elite, grupos de idade e paratriatletas acudiron á convocatoria da Federación Española de Triatlón, para inundar a fachada atlántica coruñesa co deporte dos tres segmentos. Destacando unha amplia participación de triatletas da nosa comunidade que acadaron grandes resultados.

Dende a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon moderno queremos agradecer á Federación Española por escoller á Coruña como sede deste Campionato de España, ao Concello da Coruña pola súa total implicación co evento, á Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, polo respaldo que está mostrando cara o tríatlon, a todos os voluntarios e voluntarias, porque sen eles o gran nivel organizativo que se viu ao longo da fin de semana ben seguro que non sería posible e por último a todos os oficiais e xueces que traballaron arreo polo bo desenvolvemento da proba.

Sen dúbida algunha A Coruña mostrou un gran nivel organizativo e de convocatoria que nada lle ten que envidiar a calquera proba de carácter internacional.

GRAZAS A CORUÑA!!