A selección española youth de péntatlon moderno prepara en Lugo o Europeo

2 de Setembro de 2013

A selección española youth de péntatlon moderno prepara, dende hoxe, en Lugo o Europeo desta categoría, que se celebrará en Caldas da Raíña (moi preto de Lisboa, Portugal) entre os días 20 e 22 de setembro.

A selección está formada por Lluis Shivell, Joan Gispert, Ariadna Mora e os galegos Aroa Freije, Lúa Vidal e Raul Blanco (este último incorporarase dentro duns días por exames). O equipo adestrará xunto ao Pedro Pérez, responsable da selección catalá, e Ruth Ballesteros, adestradora da Federación Galega. Ademais contarán coa colaboración do mestre de esgrima Endre Kovacks (Bondi).

Ao longo destes días, os rapaces e rapazas terán a posibilidade de adestrar co selección nacional sénior Manolo Montesinos e o actual campión de España sénior, o galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo, que traballarán cos rapaces a partires da próxima semana.

A selección permanecerá en Lugo ata o día 17 no que viaxarán en dirección a Lisboa, onde terá lugar o Europeo youth (último ano de cadete e primeiro xúnior). Este campionato é especialmente importante nesta ocasión xa que os tres primeiros lograrán a clasificación para as Olimpiadas da Xuventude 2014, que se celebrarán en Xapón.

Quizáis che interese…