ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO OPEN PONTEALDU DO MUNDIAL DE DUATLÓN DE PONTEVEDRA

15 de Abril de 2014

Dende hoxe 15 de abril está aberto o prazo de inscrición para participar no Open PontealDU, unha carreira aberta e integrada dentro do calendario do Mundial de Duatlón “Pontevedra 2014”.

O obxectivo desta proba é dar a posibilidade de participar no Mundial a aquelas persoas que non logren a clasificación para os grupos de idade do Campionato do Mundo o para todos aqueles deportistas que lles gustaría facer o percorrido oficial e gozar das instalacións dunha proba deste nivel.

O open PontealDU celebrarase o día 1 de xuño (10:15 horas) sobre a distancia sprint (5 quilómetros de carreira a pe, 20 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pe). Poden participar na mesma deportistas das categorías júnior, sub 23, sénior e veteranos e haberá trofeo e medalla para os tres primeiros clasificados de cada categoría (e sexo).

A proba, integrada dentro do calendario do Mundial, ten tamén un aspecto social, xa que dende a organización se anima a todas e todos os participantes a entregar alimentos non perecedeiros para o Comedor Social San Francisco no momento no que recollan os seus dorsais.

O prazo de inscrición está aberto dende hoxe ata o día 23 de maio ás 23:59 horas, e podedes facer a inscrición a través da páxina web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org (apartado de Competicións/inscrición).

*A continuación, tedes a normativa da proba.

REGULAMENTO PONTEALDU (Galego)

Quizáis che interese…