Acuerdo de colaboración entre as federacións galegas de tríatlon e ciclismo

Fegatri 11/01/2018
Acuerdo de colaboración entre as federacións galegas de tríatlon e ciclismo

As Federacións Galegas de Tríatlon e Ciclismo asinaron o pasado día 3 de xaneiro un convenio de colaboración, para que as e os deportistas con licenza federativa de unha poidan participar en probas do calendario da outra federación. Este acordo resulta  beneficioso dende o punto de vista económico para os deportistas e abre uns lazos de colaboración entre ambas institucións, que poderán ir medrando no futuro.

Neste acordo, vixente para o ano 2018, establecéronse cales serán as probas abertas a deportistas da outra federación e cales son as condicións.

Así, os federados de ciclismo poderán participar nas seguintes probas do calendario da Fegatri:

  • IX Duatlon Cross Concello de Beariz.
  • VII Duatlon Cross Concello de Maside.
  • XII Duatlon Cross de Samieira – Concello de Poio.

No caso dos deportistas con licenza de tríatlon, poden participar nas seguintes probas de ciclismo:

Calendario de cicloturismo 2018

A devandita participación  estará suxeira á normativa técnica de cada unha das federacións asinantes, que deberá contemplar a posibilidade de participar en probas deportivas a través da licenza dun día.

Os deportistas federados en Tríatlon deberán realizar a inscrición nas propias probas (contactarán co organizador da proba para ver como xestionar a súa inscrición). Este convenio supón unha bonificación no custo da licenza de 1 día (o seu custo será de 5 euros).

Por último, sinalar que será a federación responsable do evento a que, a través dos seguros que teña contratados, xestione e tramite os partes de accidente deportivo dos deportistas da outra federacion que participaron no devandito evento.