ANTONIO SERRAT, 18º NA SERIE MUNDIAL DE LEEDS

ANTONIO SERRAT, 18º NA SERIE MUNDIAL DE LEEDS

10/06/2018
ANTONIO SERRAT, 18º NA SERIE MUNDIAL DE LEEDS

O vigués Antonio Serrat logrou meterse no top 20 da Serie Mundial de Leeds, ao acadar a 18ª posición, a pesar de que aínda estaba un poco renqueante pola forte escordadura de nocello que sufriu a semana pasada e que lle impediu competir na Copa do Mundo de Cagliari.

Serrat estivo toda a semana en máns dos fisios tentando poder competir nesta proba e, a pesar de que aínda no estaba recuperado, decidiu probarse. E as cousas non lle foron de todo mal. Estivo sempre moi ben colocado e competindo cos mellores. Onde tiña menos molestias foi na natación e na bicicleta e así chegou a segunda transición no grupo principal de 33 triatletas, entre os que se encontraban os grandes favoritos.

Na carreira a pe, as molestias creceron e máis a medida que ían pasando os quilómetros, pero a pesar de todo Serrat puido rematar a proba e nunha posición moi digna (18ª) cun tempo de 01:48:29. 

Destacar o triunfo de Richard Murray e a segunda posición de Mario Mola. Serrat foi o segundo español, por diante de Cesc Godoy, que foi 36º.

https://www.triathlon.org/results/result/2018_itu_world_triathlon_leeds/321350