BOA ACTUACIÓN DOS CLUBES GALEGOS EN ÁGUILAS

BOA ACTUACIÓN DOS CLUBES GALEGOS EN ÁGUILAS

15/05/2019
BOA ACTUACIÓN DOS CLUBES GALEGOS EN ÁGUILAS

a localidade murciana de Águilas acollía a pasada fin de semana a Copa do Rei e da Raíña de tríatlon. Así como o Campionato de España de Tríatlon por Relevos. A delegación galega desprazada ata Murcia estaba composta por seis clubes, Club Trialón Cidade de Lugo Fluvial, Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Triatlón Arcade Inforhouse de Santiago, Triatlón Ferrol, a Agrupación Deportiva Fogar e o Triatlon Arteixo

A competición daba comezo o sábado coa disputa da Copa do Rei dónde o Cidade de Lugo Fluvial se facía co terceira posición e o Arcade Inforhouse de Santiago era noveno. A ledicia para os equipos galegos viría coa Copa da Raíña. Xa que dous clubes galegos lograban ocupar as dúas primeiras prazas do podio, O Cidade de Lugo Fluvial era primeiro e a A.D. Náutico de Narón era segundo. O Arcade Inforhouse de Santiago finalmente era quinto.

O domingo era a quenda do Campionato de España de Triatlón por Relevos no que o Cidade de Lugo Fluvial conseguía nada máis e nada menos que o doblete, ao facerse coa victoria tanto en elite masculino como feminino. As rapazas da A.D. Náutico de Narón remataban en terceira posición. O Arcade Infourhouse de Santiago conseguía a sétima praza en elite feminino e quintos en elite masculina.