CAMILA ALONSO E ISMAEL LÓPEZ, VENCEDORES DO V TRÍATLON CONCELLO DE POIO

4 de Xullo de 2015

Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) e Ismael López (Natación Ribeira) proclamáronse hoxe vencedores do V Tríatlon Concello de Poio, no que participaron case trescentos deportistas nas catro probas disputadas. Esta proba está incluída no Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada e ademais é clasificatoria para o Campionato Galego 2015.

 

Na categoría feminina a principal favorita cumpriu os prognósticos. Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) liderou a proba dende o primeiro segmento xunto a súa compañeira de club Sara Guerrero. Ambas saíron da auga xuntas e iniciaron o sector de ciclismo, pero aquí foi onde Camila marcou a diferenza e marchou en solitario cara a vitoria final. Na carreira a pe, mantivo a distancia con comodidade, mentres que por detrás houbo unha preciosa loita entre Sara Guerrero e María Martínez (Atletismo Porriño), que veu remontando dende atrás e foi a mellor no segmento de carreira a pe.

 

Na masculina, o vencedor foi Ismael López (Club Natación Ribeira) que fixo unha gran remontada na carreira a pe e nos ofreceron unha final espectacular ao entrar tres deportistas en dez segundos. O deportista do Ribeira saíu da auga na quinta posición, pero perdeu un par de minutos nos vinte quilómetros de ciclismo. A carreira a pe foi decisiva para López, quen logrou o mellor tempo e acadou así o triunfo (58:20). A segunda posición foi para Ignacio Castro (Arcade Inforhouse), moi de preto, cun tempo de 58:25, mentres que terceiro foi Francisco Cendán (Talleres David Compostela) a escasos segundos (58:30).

 

Os gañadores doutras categorías son:

 

  • Cadete: Cristina Torres (Mar de Vigo) e Antonio Souto (Cidade de Lugo Fluvial).
  • Júnior: Sara Guerrero (Tríatlon Ferrol) e Carlos Brión (Natación Ribeira).
  • Sub 23: Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) e Ignacio Castro (Arcade Inforhouse).
  • Veterán 1: Paloma Herbello (Arcade Inforhouse) e Iván Rubio (Tríatlon Arteixo).
  • Veterán 2: Andrés López (Tríatlon Poio)
  • Paratríatlon: Susana Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial).
  • Clubs: GV Sports (feminino) e Arcade Inforhouse (masculino).

 

 

A competición comezou ás 15:30 horas coa saída da proba popular, na que os participantes tiveron que facer 300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 1,6 quilómetros de carreira a pe. O resto das probas foi sobre a distancia sprint (750-20-5).

 

Quizáis che interese…