CAMILA ALONSO PECHA A TEMPADA CUN SEGUNDO POSTO NO TRÍATLON SANTO DOMINGO

Fegatri 13/11/2017
CAMILA ALONSO PECHA A TEMPADA CUN SEGUNDO POSTO NO TRÍATLON SANTO DOMINGO
Podio Santo Domingo, con Camila Alonso na segunda posición.

Magnífico resultado para Camila Alonso no Tríatlon Santo Domingo, no que acadou a segunda posición so por detrás da brasileira Beatriz Neres e despois dunha durísima loita. Así, con esta prata, rematou Camila esta longa e exitosa tempada.

En Santo Domingo a galega estivo sempre entre as mellores. Saíu da auga a uns 30 segundos da líder, que era Carolina Routier, pero na bicicleta formouse un grupo dunhas 13 unidades, entre nas que se atopaba a nosa triatleta, que foi a primeira en saír a correr os últimos 5 quilómetros de carreira a pe. Aquí tivo como rival á brasileira Beatriz Neres, que logrou poñerse en cabeza dende o quilómetro 1 e Camila loitou ata o final por esa posición de honra. Ao final, prata para Camila Alonso a 29 segundos de Neres, mentres que o bronce foi para a canadiense Dominicka Jamnicky.

Noraboa Camila!