CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DE ESTRADA PONTEVEDRA- CLASIFICACIÓN E INVITACIÓNS

12 de Agosto de 2019

No seguinte ligazón pódese consultar a clasificación para o Campionato Galego de Tríatlon de Estrada, que se celebrará o próximo sábado, 24 de agosto en Pontevedra.

CLASIFICACION-PROVISIONAL-CAMPIONATO-GALEGO-2019-13082019-

Recibidas as reclamacións, a listaxe será definitiva o  16 de agosto.

INVITACIÓNS

Abrese o prazo para comunicar ou solicitar invitacións de acordo ao artigo 5 do Regulamento de Competición FEGATRI, ata o próximo venres, 16 de agosto de 2019  ás 14:00 h.

As invitacións enviaranse a fegatri@hotmail.com  no prazo establecido.

  • Os deportistas inscritos a través das invitacións establecidas nos artigos 5.2a,b e c) recibida a comunicación serán revisadas e validadas na  inscrición.

A concesión das invitacións da Dirección Técnica- será comunicada o martes, día 20 de agosto pola mañán para que se proceda a súa inscrición de concederse as mesmas.

———————

5.- Invitacións para o Cpto Galego
As invitacións non alterarán a participación dos equipos. É dicir, se o equipo non tivera tres
clasificados ou clasificadas, previamente á final, non lle puntuará ningún invitado ou invitada. No
caso de ter previamente 3 clasificados puntuarían coma un ou unha máis.
5.1) As invitacións só serán para deportistas con licenza galega pertencentes a Clubs que
tivesen participación na tempada anterior.
5.2) Distribución: As invitacións concederanse a mulleres e homes en función da clasificación
no Campionato Galego da tempada anterior feminino e masculino respectivamente.
a) Os tres primeiros clubs masculinos disporán de 3 invitacións masculinas e os tres
primeiros femininos de 3 femininas.
b) Do 4º ao 6º clasificados disporán de 2msc e/ou 2 femininas segundo a súa
clasificación masculina e/ou feminina
c) O resto dos clasificados na tempada anterior disporán de 1 e 1
As invitacións dos artigos anteriores (5.2 a,b,c) deberán ser comunicadas por escrito á
FEGATRI ao remate dos circuítos, previo á inscrición na proba de Cpto Galego.
d) A Dirección Técnica da FEGATRI disporá de 3 invitacións masculinas e 3 femininas,
para causas excepcionais, que poderá dar ou non, avaliadas as solicitudes presentadas.
 Será requisito imprescindible para optar a estas invitacións ter participado, nos
últimos dous anos, nunha proba ITU.
A solicitude do artigo 5.2d) deberá ser motivada e presentada por escrito ao remate dos
circuítos no prazo establecido.

 

Quizáis che interese…