ESCOLAS DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

INFORMACIÓN ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE TRÍATLON (VIGO) 2017-2018:

Carta Concelleiro. Novo programa Municipal de Escolas deportivas 2017-2018

https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/tramite.jsp?id_tramite=767&lang=gal

 

_____________________________________________________________________________

Información Escolas de Tríatlon e Péntatlon Moderno, 2016/2017:

ESCOLAS DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO 2016/2017

 

 

 

______________________________________________________________________________

Nova Club Natación Cedeira Muebles García:

Gracias á colaboración do CEIP Nicolás del Río de Cedeira, a través do seu Director, Alejandro Martínez, e o Club Natación Cedeira Muebles García, vanse a realizar diferentes eventos deportivos-educativos de forma conxunta ao longo do curso.

O primeiro deles foi onte, 11 de marzo, xa que o noso Director Deportivo, Xan Suárez, se desprazou ata o Colexio de Cedeira a impartir unhas charlas sobre Triatlón. Os nenos agrupárone en 3 grupos por idades, e foron escoitando con moito interés o que Xan estaba a ensinar. Visualizaron vídeos de probas internacionais de Tríatlon, probas de Tríatlon infantil, e vídeos dos adestramentos que o Club Natación Cedeira Muebles García realiza cos seus triatletas. Tamén aprenderon as modalidades do Tríatlon e puideron vivenciar uns pequenos exercicios de bicicleta e de coodinación. A verdade é que a acollida foi moi boa, os nenos e nenas atenderon e quedaron abraiados cun deporte que para a maioría era descoñecido. Ao término das charlas entregámoslles unha ficha que tiña unha invitación gratuíta para poder vir a probar durante un mes aos nosos adestramentos. Quedamos moi satisfeitos coa experiencia, agardamos que veñan a probar o triatlón con nos un gran número de nenos e nenas, e esperamos poder repetir o vindeiro curso.

Agradecemos a excepcional colaboración do CEIP Nicolás del Río, aos seus Mestres, e especialmente ao seu Director, Alejandro Martínez.

IMG-20150312-WA0005

_______________________________________________________________________________

INFORMACIÓN ESCOLA AD FOGAR DA XUVENTUDE:

MAÑÁ DIA 1 DE OUTUBRO DE 2014 COMEZARÁ NAS INSTALACIÓNS DO INEF EN BASTIAGUEIRO, OLEIROS, UNHA NOVA TEMPORADA DE NATACIÓN E TRÍATLON BAIXO A ORGANIZACIÓN DE A AD. FOGAR DA XUVENTUDE.

Dende a Xunta Directiva da entidad que represento queremos dar a benvida ós 125 deportistas xa inscritos para esta nova campaña 2014-2015 na que nos marcamos o obxectivo de centrarnos máis que nunca na formación e o adestramento de base, aumentando o número de prazas nas nosas escolas de natación e tríatlon coa inclusión de máis grupos e actividades.
– Natación, Ciclismo e Carreira a pé dende os 5 anos.
Para máis información síguenos en:

http://193.144.48.159/fmi/iwp/cgi?-db=AD%20FOGAR&-loadframes

Aínda quedan prazas!!!