Cinco ouros, cinco pratas e un bronce, no Campionato de España de categorías menores de Péntatlon Moderno

21 de Maio de 2018

Este domingo celebrouse en Santander  o Campionato de España de categorías menores de Péntatlon Moderno, Galicia, que acudiu a cita con 16 deportistas das categorías benxamín, alevín e infantil, acadou magníficos resultados. En total houbo cinco ouros, cinco pratas e 1 bronce.

Na categoría infantil (under 15) masculina, Óscar López  logrou proclamarse campión de España, mentres que Iván Rego foi prata. Na categoría feminina, o ouro foi para Claudia Gámez, con Mercedes Vila na segunda posición.

En alevín (under 13 anos) Mencía Rego logrou o título de campioa de España na categoría feminina, con Verónica Álvarez no segundo posto do podio. Na masculina, Manuel Cobas foi cuarto clasificado.

En benxamín feminino (U 11) Mireia Vázquez logrou a medalla de ouro, mentres que Mireia Vila foi cuarta clasificada; Carla Cortón, quinta e Elia Sánchez, sexta. Na proba masculina, Leo Sánchez conseguiu a medalla de prata, mentres que Héctor López foi cuarto clasificado.

Por último, en prebenxamín, podio completamente galego. Thalia Lobina foi ouro, Ariadna Maira conseguiu a prata e  Lucía Méndez, bronce.

Quizáis che interese…