Convocatoria Curso de Xuíces N1 de Tríatlon

5 de Decembro de 2013

Aberto  o prazo de solicitude para un curso de Xuíces, que se celebrará no próximo mes de xaneiro nas provincias galegas.

CURSO: OFICIAL TÉCNICO NIVEL I DE TRÍATLON

Data: 11 de xaneiro de 2014

Horario: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00

Custe: 25€

Colectivo: Persoas que queiran iniciarse na arbitraxe do Tríatlon en Galicia. (maiores de 16 anos con graduado en ESO ou equivalente)

Prazo de solicitude: Ata o 2 de xaneiro de 2014.
SOLICITUDE DO CURSO

NI

—————–
PROGRAMA FORMATIVO

NOME DO CURSO
Oficial Técnico Nivel I de Tríatlon
OBXECTIVOS
Coñecemento do Tríatlon e as súas modalidades
Aportación de oficiais a este deporte.
Iniciación no papel de Oficial Técnico
Coñecer o funcionamento do regulamento e das sancións e saber como actuar.
Coñecer o traballo a desenvolver polo oficial nos diferentes segmentos.
CONTIDOS
Historia do tríatlon e Estrutura Federativa
Regulamento de Competición
Funcións de xuíces e oficiais
Control de material
Segmentos
Sancións
Control de tempos e dorsais.
AVALIACIÓN
Os aspirantes deben superar un cuestionario tipo test, e despois terían unha formación práctica en 3 competicións.
TITULACIÓN
A Certificación de Asistencia será expedida a todo o alumnado que reciba a calificación de APTO na parte teórica e práctica.
O Título de Oficial Técnico Nivel I de Tríatlon será expedido a quen expida a licenza na tempada. De non tramitala e desexar retomalo, deben facer noutra tempada un curso de reciclaxe para poder recibir a licenza.
ALUMNADO:
Ter como mínimo 16 anos e posuír o graduado en ESO ou equivalente.
Ter interese en colaborar na organización e desenvolvemento da competición de tríatlon.
INFRAESTRUTURA E EQUIPAMENTO
Sala con sillas, mesas ou palas e medios para proxección audiovisual.

Quizáis che interese…