CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, DECIMOCUARTO NO OPEN IBEROAMERICANO DE PENTATLÓN MODERNO

29 de Marzo de 2015

Cristóbal Rodríguez Fidalgo ocupou a 14ª posición no I Open Iberoamericano de Pentatlón Moderno, que se celebrou hoxe na categoría masculina en Amposta (Tarragona). Ademais, Raúl Blanco foi 18º, nunha competición na que o español Lluis Shivel deu a gran sorpresa ao lograr o segundo posto na xeral.

Cristóbal comezou regular na esgrima, xa que tras sumar 21 vitorias e 17 derrotas ocupaba á 15ª posición con 214 puntos. Pola súa banda, Raúl Blanco era 20º con empate a vitorias e derrotas (19). Pero na natación, ambos remontaron posicións. Sobre todo Cristóbal que fixo unha proba espectacular rematando na segunda posición de todos os participantes o cal lle permitiu subir ata o sétimo posto. Mentres, Raúl Blanco subiu ata a 12ª posición con 522 puntos.

E a remontada continuou na hípica para Cristóbal, na que non cometeu erro algún e logrou ascender ata a quinta posición. Pero sorprendentemente, afundiuse na combinada. O galego non estivo afortunado e perdeu moitas posicións ata situarse na 14ª posición do campionato con 1.426 puntos. Correcto Raúl Blanco, que finalizou na 18ª posición con 1.415 puntos sendo o terceiro máis novo dos vinte primeiros.

A gran sorpresa chegou da man de Lluis Shivell que fixo unha combinada espectacular e logrou situarse na segunda posición da clasificación xeral e cunha puntuación altísima (1.496 puntos), quedando a só un punto do gañador da proba, o mexicano Jorge Inzunza.

Esta I Copa Iberoamericana, que se celebrou en Amposta (Tarragona),  era aberta polo que entre os participantes figuraban tamén alemáns, húngaros o italianos, entre outras nacionalidades.

Quizáis che interese…