DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN): SOLICITUDE RECOÑECEMENTO

DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN): SOLICITUDE RECOÑECEMENTO

30/10/2017
DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN): SOLICITUDE RECOÑECEMENTO
Durante todo o vindeiro mes de Novembro (2017) ábrese un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) .
 Xuntamos a normativa reguladora:
ORDE 30 MAIO 2005 – DGAN
Decreto 6 2004 DGAN
30, 2ª FASE DGAN 2017
http://deporte.xunta.gal/adjuntos/cTexto/82_2_solicitude_0.pdf
 
Documentación:
 
1.       Modelo de solicitude  cuberto con tódolos datos do interesado/a, asinado na parte inferior esquerda polo deportista ou polo seu titor se é menor de idade.
 
2.       Unha vez cuberta dita solicitude, o secretario da federación, co visto bo do presidente, asina e sela dita solicitude.
 
3.       A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2016.
 
4.       Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
 
5.       Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
 
 
As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas, ou na
 
Escola Galega de Administración Pública, EGAP
Rúa Madrid 2-4 (2ª planta)- 15781
Santiago de Compostela