DISCRETO PAPEL DE AROA FREIJE NA FINAL DO EUROPEO YOUTH A DE PÉNTATLON MODERNO

29 de Xullo de 2016

Discreta actuación de Aroa Freije na final do Campionato de Europa Youth A de Péntatlon Moderno, que se está a disputar en San Boi (Barcelona). A nosa deportista, que se clasificou na 24ª posición, rematou na 31ªposición da final, despois de facer unha mala combinada.

A galega acusou o esforzo realizado na semifinal o mércores, xa que aínda non atopou unha boa condición física despois de seis meses de parón por culpa da lesión no xeonllo.

 

 

Quizáis che interese…