ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE O EUROPEO DE TRÍATLON EN KITZBÜHEL CUNHA IMPORTANTE PRESENZA GALEGA

Fegatri 15/06/2017
ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE O EUROPEO DE TRÍATLON EN KITZBÜHEL CUNHA IMPORTANTE PRESENZA GALEGA

Esta fin de semana (16, 17 e 18 de xuño) celebrarase en Kitzbühel (Austria) o Campionato de Europa de Tríatlon coa participación de varios deportistas galegos. Susana Rodríguez (Mar de Vigo), Iria Rodríguez (Atletismo Porriño), Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo), Uxío Abuín (Olímpico de Vedra) e Fernando Alarza (Tri-Penta Terras de Lugo) buscarán dar o mellor de si neste esixente reto.

 Venres 16: Paratriatlon e júnior. A primeira das probas en celebrarse (08:00 horas) será o paratriatlon, coa presenza da galega Susana Rodríguez (categoría PTVI, para deportistas con discapacidade visual) no pontón de saída. A viguesa, xunto á súa guía Mabel Gallardo, buscará subirse ao podio, aínda que será unha dura proba con rivais importantes coma Melissa Reid, Alisson Patrick ou Lena Dieter. Ademais a pasada semana Susana estivo con antibióticos, pero nestes últimos días xa está bastante recuperada.

Na compWhatsApp Image 2017-06-15 at 10.09.46etición júnior, que tamén se celebrará o venres, teremos a Iria Rodríguez na categoría feminina (14:00 horas). A galega chega a esta competición con molestias nun pe, que non terminan de remitir, pero Iria vai con ganas de facer un gran traballo na natación e no ciclismo e chegar ao terceiro segmento ben colocada. Na carreira a pe, todo dependerá de cómo responda ese pe. En júnior feminina hai unha inscrición de 60 deportistas e cun moi bo nivel. Estarán a alemá Lena Meißner (3ª no Europeo Júnior 2016), a húngara Putnoczki (4ª no Europeo Youth 2016), a danesa Bendix Madsen (campioa Europeo Youth 2016) ou a rusa Zhinzhina (11ª Europeo júnior 2016). As distancias serán 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe, a mesma que en paratríatlon (16:00 horas).

 Elite, día 17. A proba elite masculina celebrarase o sábado 17 de xuño (16:00 hoWhatsApp Image 2017-06-15 at 09.55.07ras) sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 39,2 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe). Entre os inscritos, Fernando Alarza (deportista do Centro de Alto Rendemento do CGTD con licenza galega), actual líder da clasificación provisional do Mundial de Tríatlon, e que se atopa nun magnífico estado de forma. Xunto a el, Uxío Abuín, que amosou en Pontevedra atoparse moi ben, e o vigués Antonio Serrat, que a fin de semana pasada competiu na serie mundial de Leeds, onde acadou o 18º posto. Será unha dura proba, con grandes triatletas, aínda que tamén haberá ausencias destacadas como as de Gómez Noya (actual campión de Europa), Mario Mola (actual campión do mundo) ou Alistair Brownlee (campión olímpico en Londres e Río). Ao disputarse a proba na distancia olímpica, será fundamental non quedar descolgado na natación, para evitar esforzos extras na bicicleta e na carreira a pe.

O domingo 18 de maio disputaranse as probas de relevos (elite e júnior) e os grupos de idade masculinosO pasado ano o Europeo disputouse en Lisboa e Javier Gómez Noya logrou o seu cuarto título de campión de Europa. Ademais, Antonio Serrat rematou na 24ª posición. Na categoría júnior, gran actuación de Inés Santiago, que foi cuarta, mentres que Carmen Gómez ocupou a 10ª posición. Pola súa banda, Susana Rodríguez acadou o bronce en paratriatlon para deportistas con deficiencias visuais.