ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO CAMPUS MULTIDEPORTE CELEBRADO NA CORUÑA

2 de Abril de 2015

O 1 de abril finalizou o campus multideporte que organizou o club 100Tolos en colaboración co Club do Mar de San Amaro e a Federación Galega de Tríatlon e Pentatlón Modermo.

IMG_9516E precisamente destes deportes trataba o campus. Durante tres días máis de 40 nenos e nenas de 8 a 14 anos practicaron natación, esgrima, tiro con pistola láser, carreira e bicicleta. Para moitos deles tanto a esgrima coma o tiro e a combinación deste coa carreira foron un descubrimento. Na piscina practicaron habilidades específicas do segmento de natación do triatlón e na bici coñeceron as transicións do triatlón. En conxunto un montón de cousas novas que fixeron as delicias dos rapaces, sobre todo dos máis pequenos.

IMG_9520Este campus enmárcase dentro das actividades que organiza 100Tolos para promover a práctica deportiva entre os nenos da cidade e en especial as da escola de tríatlon e pentatlón moderno que se creou esta tempada.

 

Quizáis che interese…