INFORMACIÓN TRAMITACIÓNS

INFORMACIÓN TRAMITACIÓNS FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO
TEMPADA 2017

LICENZAS 2017: estas non serán tramitadas ata que estean aboadas. O abono pode facerse a través da TPV no momento de solicitalas ou ben mediante transferencia bancaria a nome do club e posterior envío do resgardo de pago á Federación por correo electrónico. Non se tramitará ningunha licenza sen que dito pago estea na Federación.

PROGRAMA INSCRICIÓNS 2017: na tempada 2017 utilizaremos o programa que posúe a FETRI.
Os Clubs poden facer as inscricións dos seus deportistas, pero tamén dá a opción de que os/as deportistas se podan inscribir de maneira individual*.

*De cara a futuras xustificacións ante as entidades, lembrade que á hora de confeccionar as facturas dos clubs, só se poderán meter as inscricións feitas polo club.

DEPORTISTAS FEDERADOS (con licenza galega ou de outra CCAA):
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno www.fegatri.org, no apartado Competicións: Regulamentos/Inscricións. Pinchar sobre a carreira e ir ó enlace de INSCRICIÓN accederán cos seguintes códigos (os códigos dos clubs son os mesmos que teñen para o acceso ó programa de licenzas e no caso dos deportistas individuais precisan introducir o seu nº de licenza e a data de nacemento). O pago faise a través de TPV.

DEPORTISTAS NON FEDERADOS (LICENZA 1 DÍA):
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno www.fegatri.org, no apartado Competicións: Regulamentos/Inscricións. Pinchar sobre a carreira e ir ó enlace de INSCRICIÓN. O pago faise a través de TPV. É imprescindible o envío da copia do DNI en vigor (fegatri@hotmail.com).

PUBLICACIÓN LISTAS DE INSCRITOS:
Como norma xeral:
Publicación lista provisional: o xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de inscritos (esta admite reclamacións cando na lista se da algún erro debido ó manexo dos datos na Federación, por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas no listado, …).

Publicación lista definitiva: o venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios).
BAIXAS E POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS:
No regulamento de cada proba serán reguladas as baixas na mesma e a política de devolucións.
Como norma xeral: As baixas deben ser comunicadas á Federación (fegatri@hotmail.com) antes de rematar o prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo de inscrición non se fan devolucións.
*No caso de inscricións incompletas (falta de documentación): estas serán anuladas e non se farán devolucións.

As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba.

SOLICITUDES DE CERTIFICADOS:
As solicitudes de certificados deberán facerse todas por escrito ó correo da Federación (fegatri@hotmail.com), indicando os datos do/a deportista e/ou club (nome completo e DNI), o que se solicita e organismo/institución para o que vai.
No caso de certificación de resultados: indicarase o nome completo da proba, lugar e data completa de celebración e posto acadado (para poder facer a posterior comprobación).
Unha vez dispoñamos de todos estes datos, a tramitación dos certificados será de unha semana.
Non se emitirá ningún certificado do cal a solicitude non conteña os datos indicados.
Lembrase que só se poden certificar probas oficiais.

FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO