LEI 19/2013 DE TRANSPARENCIA

LEI 19/2013 DE TRANSPARENCIA

ARTº 6.-INFORMACIÓN INSTITUCIONAL, ORGANIZATIVA E DE PLANIFICACIÓN.

A) FUNCIÓNS:
Conforme o artº 1 dos Estatutos a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, constituída o día 10 de abril de 1989, é unha Entidade de Dereito Privado que reúne a deportistas, adestradores, xuíces, así como a clubs, asociacións, agrupacións e á totalidade de Entidades dedicadas á práctica do Tríatlon e Péntatlon Moderno no territorio galego.

Conforme o artº 2 dos Estatutos a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ten plena personalidade xurídica, propia e absoluta capacidade de obrar para o logro da consecución dos seus fins, sen ánimo de lucro e réxese pola 1,lei 11/97, de 22 de Agosto, Xeral do Deporte de Galicia e as súas normas de desenvolvemento, polos seus propios estatutos e regulamentos debidamente aprobados e polas demais disposicións legais ou federativas que resulten aplicables.

Conforme o artº 5 dos Estatutos son competencias da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno:
1.- A promoción do desenrolo e a práctica do Tríatlon e Péntatlon Moderno, regulamentar e coordinar o aspecto técnico e organizar os campionatos e competicións da súa Xurisdición.

2.- Regular o réxime xurídico e disciplinario dos Clubs, Asociacións, Agrupacións, Comités e a totalidade das Entidades, deportistas, adestradores, xuíces, directivos todas aquelas persoas que dalgún xeito interveñan na organización e práctica do Tríatlon e Péntatlon Moderno, cumprindo sempre as disposición vixentes sobre estes casos.

3.- Formar e cualificar a persoal técnico e deportivo especializado.

4.- Organizar os circuítos de Tríatlon (consistentes en nadar, ir en bicicleta e carreira a pé), Duatlón (consistente en correr a pé e máis en bicicleta), Acuatlon (consistente en correr, nadar e correr a pé), Cuadriatlón (consistente en nadar, ir en piragua, ir en bicicleta e correr a pé), Tríatlon Branco (consistente en facer esquí, correr en bicicleta e correr a pé) e Duatlón de Montaña (consistente en correr a pé e ir en bicicleta de Montaña).

5.- Coordinar as función e competencias das Delegación Zonais e Delegacións comarcais.

6.- Regula-lo seu réxime disciplinario e velar polo seu cumprimento.

7.- Asignar, controlar e fiscalizar as axudas e subvención ós seus afiliados.

Conforme o artº 56 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia:
2.-As federaciones deportivas galegas exercerán como funcións propias as siguientes:

a) A convocatoria das seleccións deportivas da súa modalidade deportiva e a designación dos deportistas que as integren.

b) Colaborar coas administracións públicas e coa Federación Española correspondente, así como coas restantes entidades deportivas, na promoción das súas respectivas modalidades.

c) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na execución dos planes e programas dos deportistas galegos de alto nivel.

d) No seu caso, e de conformidade coa normativa que sexa de aplicación, colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Elaborar os seus propios regulamentos deportivos.

f) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na formación de adestradores, xuíces e árbitros segundo a normativa que sexa de aplicación.

4.-Son funcións públicas delegadas, e exerceranse en réxime de exclusividade polas federacións deportivas galegas, as seguintes:

a) Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas da súa modalidade, de conformidade coa normativa que lle sexa de aplicación.

b) Organizar as competicións oficiais autonómicas federadas.

c) Expedir licencias deportivas para a práctica da súa modalidade deportiva nos termos establecidos na presente lei.

d) Asignar as subvencións e axudas de carácter público concedidas a través da Federación e controlar que os seus asociados lles den unha correcta aplicación.

e) Garantizar o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de goberno, así como dos demais dereitos e obrigacións derivados do cumprimento dos seus respectivos estatutos.

f) Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos pola presente lei e polas súas disposicións de desenrolo, de acordo cos seus respectivos estatutos e regulamentos.

g) Executar, no seu caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

h) Colaborar coas administracións públicas competentes na prevención, control e represión do uso de sustancias e grupos farmacolóxicos prohibidos, así como na prevención da violencia no deporte. A estes efectos, e entre outras accións, as federacións deportivas galegas instruirán e resolverán os expedientes sancionadores que no ámbito do dopaxe se sustancien, de conformidade co establecido no título VIII da presente lei.

i) Cualquer outra que regulamentariamente se determine.

 

B) NORMATIVA APLICABLE:

– Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia, ou norma que a substitúa.
– Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
– Orde do 8 de setembro de 2010 pola que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, ou norma que a substitúa.
– Resolución do 8 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ditan as Normas de bo goberno das federacións deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
– Resto de normativa aplicable ás federacións deportivas que se aprobe, así como a propia de cada entidade .
– Estatutos da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno inscritos co nº F-02042 no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia.

 

C)ESTRUCTURA ORGANIZATIVA:

XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO
PRESIDENTE: ÓSCAR JOSÉ SURIS REGUEIRO
VICEPRESIDENTE E DIRECTOR TÉCNICO: LUIS ALBERTO PIÑA REFOJOS
SECRETARIA: Mª DE LOS ANGELES OTERO TRIGO
TESOUREIRO: ROBERTO GÓMEZ ÁLVAREZ
DELEGADO PROVINCIA LUGO: FRANCISCO VILLANUEVA GONZÁLEZ
DELEGADO PROVINCIA CORUÑA: ARTURO LÓPEZ LAGO
DELEGADO PROVINCIA PONTEVEDRA: JOSÉ MANUEL CURIESES LÓPEZ
DELEGADO PROVINCIA OURENSE (1): FLORINDO JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ

DELEGADO PROVINCIA OURENSE (2): SANTIAGO ESCUDERO PEREIRA

RESPONSABLE TECNIFICACIÓN: JONATHAN CANCELA LOPERA

RESPONSABLE MENORES: LORENA GARCÍA LAGO
ASESORÍA XURÍDICA: ENRIQUE HIDALGO LUGO

 

CURRÍCULUM MEMBROS XUNTA DIRECTIVA:

ÓSCAR JOSÉ SURIS REGUEIRO

-Presidente Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno desde 2014
-Socio maioritario e administrador único de SURIS ABOGADOS, S.L.P. dende outubro de 2011
-Profesor de Derecho Civil do Master “Avogacía” da Universidade de Vigo-Ilustre Co-lexio de Avogados de Vigo dende 2012-
-Profesor de Derecho Civil da Escola de Práctica Xurídica “Concepción Arenal” do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo dende 2005-2012
-Letrado Xefe dos Servizos Xurídicos do Banco de Galicia, S.A., 2003-2005
-Avogado en exercicio dende 1987
-Diplomado Escola de Práctica Xurídica “Concepción Arenal” do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo, 1987.
-Licenciado en Dereito Universidade Santiago de Compostela, 1986.

 

MARÍA DE LOS ANGELES OTERO TRIGO

-Secretaria Xeral Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno
-Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Salamanca
-Xuíz Nivel I de Tríatlon
-Xuíz de Péntatlon Moderno
-Membro da Xunta Directiva da FEPM

 

ARTURO LÓPEZ LAGO
-Delegado Fegatri. Provincia de A Coruña dende 2014.
-Presidente del Club Triatlón Coruña desde 2006.
-Director Financeiro de Grupo Bap Conde S.A. (Axencia de Publicidade).
-Anteriormente Director Financeiro e Administrativo en diversas empresas dos sectores de Promoción Inmobiliaria, Construción e Informática.
-Diplomado e Licenciado en Ciencias Empresariais, Universidade de Santiago 1987
-Master en Valoración de Empresas, Universidade de Almería.

 

JOSE MANUEL CURIESES LOPEZ
– Delegado zona Pontevedra Federación Galega de Tríatlon.
– Responsable Comercial Noroeste POLAR ELECTRO IBERICA.
– Administración e Xestión (Universidade laboral de Xixón).

 

 

ARTº 8.-INFORMACIÓN ECONÓMICA, PRESUPUESTARIA E ESTADÍSTICA

A) SUBVENCIÓNS E AXUDAS:

TEMPADA 2018:

XUNTA DE GALICIA
Con data 4 de Abril de 2018, a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno susbcribiu o Convenio de Colaboración coa Secretaria Xeral Para O Deporte da Xunta de Galicia por importe de 139.248,00€ para a presente tempada 2018. Dito convenio ten por obxeto atender ós seguintes programas de gastos: Gastos Xerais de Funcionamento, Programa de Tecnificación e Rendemento no CGTD, Actividade Deportiva Ordinaria, Programa Tokio 2020, Actividade Depotiva de Promoción e Outros Proxectos de Especial Relevancia.

http://deporte.xunta.gal/adjuntos/cTexto/46_2_traiatlonconvenio_0.pdf

 

INSTITUTO MUNICIPAL DOS DEPORTES DO CONCELLO DE PONTEVEDRA:

Concesión de unha subvención por importe de 1.980,00 € que ten por obxeto a actividade desenvolta na ESCOLA MUNICIPAL DE TRÍATLON de Pontevedra (tempada 2017/2018). (Resolución provisional)

 

______________________________________________________________________________

TEMPADA 2017:

XUNTA DE GALICIA
Con data 24 de Abril de 2017, a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno susbcribiu o Convenio de Colaboración coa Secretaria Xeral Para O Deporte da Xunta de Galicia por importe de 137.286,60€ para a presente tempada 2017. Dito convenio ten por obxeto atender ós seguintes programas de gastos: Gastos Xerais de Funcionamento, Programa Campionatos Galegos, Programa de Tecnificación, Programa de Rendemento e Programa Tokio 2020.

 

INSTITUTO MUNICIPAL DOS DEPORTES DO CONCELLO DE PONTEVEDRA:

Concesión de unha subvención por importe de 2.100,00 € que ten por obxeto a actividade desenvolta na ESCOLA MUNICIPAL DE TRÍATLON de Pontevedra (tempada 2016/2017).

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE VIGO:

Concesión de unha subvención por importe de 2.154,00 € que ten por obxeto a actividade desenvolta na ESCOLA MUNICIPAL DE TRÍATLON de Vigo (tempada 2016/2017).

 

AXUDAS CONCEDIDAS POLA FEDERACIÓN:

AXUDAS A COMPETICIÓN INTERNACIONAL TEMPADA 2017

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONVOCATORIA DE  “AXUDAS COMPETICIÓN INTERNACIONAL TEMPADA 2017”: RESOLUCIÓN DEFINITIVA AXUDAS INTERNACIONAIS 2017

A convocatoria das axudas a probas internacionais foi publicada o 10 de Xullo de 2017:

http://fegatri.org/wp-content/uploads/2017/07/AXUDAS-PROBAS-INTERNACIONAIS-2017.pdf

 

 

______________________________________________________________________________

TEMPADA 2016

A) SUBVENCIÓNS E AXUDAS:

-XUNTA DE GALICIA
En virtude do Convenio de Colaboración de 18 de Marzo de 2014 susbcrito coa Secretaria Xeral Para O Deporte da Xunta de Galicia, estableceuse un convenio trianual a razón de 140.000 € anuales que ten por obxeto atender ós seguintes programas de gastos: Gastos Xerais de Funcionamento, Actividade Deportiva e Competitiva Ordinaria, Programa de Tecnificación Rendemento-Programa Río 2016, Grupo Especial de Alto Rendemento, Programa Río 2016 e Outros proxectos de especial relevancia (Tempada 2016: Copa do Rei e Copa da Raíña de Tríatlon e Campionato de España de Tríatlon Por Relevos, Campionato de España de Duatlón por Clubs, Copa do Campionato de España de Péntatlon Moderno e Proba Internacional de Péntatlon Moderno).

CONTÍAS ANUAIS:

2014: 140.834,00€

2015: 131.831,00€

2016: 133.834,00€

 

PORCENTAXE SOBRE ORZAMENTOS:

2014: 37,41%

2015: 30,99%

2016: 29,86%

 

DEPUTACIÓN DE A CORUÑA:

Concesión de unha subvención por importe de 2.594,24 € que ten por obxeto a actividade desenvolta na ESCOLA PROVINCIAL DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO E ACTIVIDADES DE FOMENTO DO TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO NO ÁMBITO ESCOLAR E DO TEMPO DE LECER (tempada 2016).

Concesión de unha subvención por importe de 2.396,90 € que ten por obxeto a ORGANIZACIÓN DOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE BIATLÓN E CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLE na tempada 2016.

 – INSTITUTO MUNICIPAL DOS DEPORTES DO CONCELLO DE PONTEVEDRA:

Concesión de unha subvención por importe de 2.460,00 € que ten por obxeto a actividade desenvolta na ESCOLA MUNICIPAL DE TRÍATLON de Pontevedra (tempada 2015/2016).

 – FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE TRIATLÓN (FETRI):

Concesión de unha subvención para os Centros de Tecnificación Nacional: Circular.7.17.Direccion-Tecnica.Resolucion-Subvenciones-Centros-de-Tecnificacion-2016

 

AXUDAS CONCEDIDAS POLA FEDERACIÓN:

AXUDAS A COMPETICIÓN INTERNACIONAL TEMPADA 2016

http://fegatri.org/resolucion-definitiva-axudas-competicion-internacional-tempada-2016/

A convocatoria das axudas a probas internacionais foi publicada o 24 de Maio de 2016:

AXUDAS FEGATRI A PROBAS INTERNACIONAIS 2016

 

ADXUDICACIÓN DE BOLSAS DE MATERIAL PARA AS ESCOLAS DE TRÍATLON (TEMPADA 2015):

ADXUDICACIÓN BOLSAS MATERIAL ESCOLAS TRÍATLON

CONVOCATORIA:

http://fegatri.org/convocatoria-de-bolsas-de-material-para-escolas-de-triatlon-2015/

 

B) ORZAMENTOS FEDERATIVOS:

ORZAMENTOS 2018

ORZAMENTOS 2017

Orzamentos 2016

http://fegatri.org/wp-content/uploads/2013/04/ORZAMENTOS-2015.pdf

 

C) CONTAS ANUAIS:

TEMPADA 2017

Acta Asemblea Xeral Ordinaria 27-04-2018

Balance 2017

Perdidas e Ganancias 2017

Cadro de Xestión 2017

 

TEMPADA 2016

INFORME DE AUDITORIA 2016

MEMORIA AUDITADA 2016

BALANCE PYMES AUDITADO 2016

PERDIDAS Y GANANCIAS AUDITADAS 2016

 ASEMBLEA ORDINARIA FEGATRI (25/04/2017):

http://fegatri.org/wp-content/uploads/2017/05/Acta-asemblea-Xeral-25-04-2017.pdf

Balance 2016

Balance 2016 comparado

PyG 2016

PyG 2016 comparado

Desviacións orzamento 2016

 

TEMPADA 2015

Balance FEGATRI 2015

PyG 2015 comparado

MEMORIA ECONÓMICA 2015

TEMPADA 2014

Balance 2014 rev

Perdas e ganancias 2014 e aclaración

Balance 2014 FEGATRI

P y G 2014 FEGATRI

D) INFORMES AUDITORÍAS:

INFORME DE AUDITORIA 2016

INFORME DE AUDITORIA 2014

INFORME DE AUDITORIA 2010

E) RETRIBUCIÓNS ANUAIS DOS MÁXIMOS RESPONSABLES FEDERATIVOS:

Conforme o artº 57 dos Estatutos da Federación a pertenza á Xunta Directiva é un cargo honorífico, sen que se teña establecido compensación económica algunha a favor dos seus membros.

DIETAS: Non se aboaron dietas na tempada 2014 a ningún membro da Xunta Directiva.

DIETAS: Non se aboaron dietas na tempada 2015 a ningún membro da Xunta Directiva.

DIETAS: Non se aboaron dietas na tempada 2016 a ningún membro da Xunta Directiva.

DIETAS: Non se aboaron dietas na tempada 2017 a ningún membro da Xunta Directiva.