ARTº6 INFORMACIÓN INSTITUCIONAL, ORGANIZATIVA E DE PLANIFICACIÓN

ARTº6 INFORMACIÓN INSTITUCIONAL, ORGANIZATIVA E DE PLANIFICACIÓN

ARTº 6.-INFORMACIÓN INSTITUCIONAL, ORGANIZATIVA E DE PLANIFICACIÓN.

A) FUNCIÓNS:
Conforme o artº 1 dos Estatutos a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, constituída o día 10 de abril de 1989, é unha Entidade de Dereito Privado que reúne a deportistas, adestradores, xuíces, así como a clubs, asociacións, agrupacións e á totalidade de Entidades dedicadas á práctica do Tríatlon e Péntatlon Moderno no territorio galego.

Conforme o artº 2 dos Estatutos a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ten plena personalidade xurídica, propia e absoluta capacidade de obrar para o logro da consecución dos seus fins, sen ánimo de lucro e réxese pola 1,lei 11/97, de 22 de Agosto, Xeral do Deporte de Galicia e as súas normas de desenvolvemento, polos seus propios estatutos e regulamentos debidamente aprobados e polas demais disposicións legais ou federativas que resulten aplicables.

Conforme o artº 5 dos Estatutos son competencias da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno:
1.- A promoción do desenrolo e a práctica do Tríatlon e Péntatlon Moderno, regulamentar e coordinar o aspecto técnico e organizar os campionatos e competicións da súa Xurisdición.

2.- Regular o réxime xurídico e disciplinario dos Clubs, Asociacións, Agrupacións, Comités e a totalidade das Entidades, deportistas, adestradores, xuíces, directivos todas aquelas persoas que dalgún xeito interveñan na organización e práctica do Tríatlon e Péntatlon Moderno, cumprindo sempre as disposición vixentes sobre estes casos.

3.- Formar e cualificar a persoal técnico e deportivo especializado.

4.- Organizar os circuítos de Tríatlon (consistentes en nadar, ir en bicicleta e carreira a pé), Duatlón (consistente en correr a pé e máis en bicicleta), Acuatlon (consistente en correr, nadar e correr a pé), Cuadriatlón (consistente en nadar, ir en piragua, ir en bicicleta e correr a pé), Tríatlon Branco (consistente en facer esquí, correr en bicicleta e correr a pé) e Duatlón de Montaña (consistente en correr a pé e ir en bicicleta de Montaña).

5.- Coordinar as función e competencias das Delegación Zonais e Delegacións comarcais.

6.- Regula-lo seu réxime disciplinario e velar polo seu cumprimento.

7.- Asignar, controlar e fiscalizar as axudas e subvención ós seus afiliados.

Conforme o artº 56 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia:
2.-As federaciones deportivas galegas exercerán como funcións propias as siguientes:

a) A convocatoria das seleccións deportivas da súa modalidade deportiva e a designación dos deportistas que as integren.

b) Colaborar coas administracións públicas e coa Federación Española correspondente, así como coas restantes entidades deportivas, na promoción das súas respectivas modalidades.

c) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na execución dos planes e programas dos deportistas galegos de alto nivel.

d) No seu caso, e de conformidade coa normativa que sexa de aplicación, colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Elaborar os seus propios regulamentos deportivos.

f) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na formación de adestradores, xuíces e árbitros segundo a normativa que sexa de aplicación.

4.-Son funcións públicas delegadas, e exerceranse en réxime de exclusividade polas federacións deportivas galegas, as seguintes:

a) Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas da súa modalidade, de conformidade coa normativa que lle sexa de aplicación.

b) Organizar as competicións oficiais autonómicas federadas.

c) Expedir licencias deportivas para a práctica da súa modalidade deportiva nos termos establecidos na presente lei.

d) Asignar as subvencións e axudas de carácter público concedidas a través da Federación e controlar que os seus asociados lles den unha correcta aplicación.

e) Garantizar o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de goberno, así como dos demais dereitos e obrigacións derivados do cumprimento dos seus respectivos estatutos.

f) Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos pola presente lei e polas súas disposicións de desenrolo, de acordo cos seus respectivos estatutos e regulamentos.

g) Executar, no seu caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

h) Colaborar coas administracións públicas competentes na prevención, control e represión do uso de sustancias e grupos farmacolóxicos prohibidos, así como na prevención da violencia no deporte. A estes efectos, e entre outras accións, as federacións deportivas galegas instruirán e resolverán os expedientes sancionadores que no ámbito do dopaxe se sustancien, de conformidade co establecido no título VIII da presente lei.

i) Cualquer outra que regulamentariamente se determine.

 

B) NORMATIVA APLICABLE:

– Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia, ou norma que a substitúa.
– Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
– Orde do 8 de setembro de 2010 pola que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, ou norma que a substitúa.
– Resolución do 8 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ditan as Normas de bo goberno das federacións deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
– Resto de normativa aplicable ás federacións deportivas que se aprobe, así como a propia de cada entidade .
– Estatutos da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno inscritos co nº F-02042 no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia.

 

C)ESTRUCTURA ORGANIZATIVA:

Unha vez presentadas as correspondentes renuncias a Comisión Xestora queda integrada polos seguintes membros:

Presidente: Óscar José Suris Regueiro
Secretaria Xeral: Mª de los Ángeles Otero Trigo
Tesoureria: Roberto Gómez Álvarez
Vogal: Enrique Hidalgo Lugo
Vogal: José Antonio Formoso Pita
Vogal: Ruth Ballesteros Canel

 

En Lugo, a 27  de setembro de 2018.

 

______________________________________________________________________________

ELECCIÓNS 2018

En aplicación do Regulamento Electoral, aprobado pola Asemblea Xeral e, finalmente, pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, conforme ao Decreto 16/2018 do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais das federacións deportivas galegas, o Presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno

CONVOCA:

Eleccións para a renovación dos Órganos de Goberno da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (FEGATRI): Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia, segundo o Regulamento Electoral e nos prazos estipulados polo Calendario Electoral.

Por este motivo, disólvese a Xunta Directiva que pasa a ser substituída por unha Comisión Xestora ata a finalización do proceso electoral, segundo recolle o mencionado Regulamento.

A Comisión Xestora está integrada polos seguintes membros:
Presidente: Óscar José Suris Regueiro
Secretaria Xeral: Mª de los Ángeles Otero Trigo
Tesoureria: Roberto Gómez Álvarez
Vogal: Luis Alberto Piña Refojos
Vogal: Enrique Hidalgo Lugo
Vogal: José Antonio Formoso Pita
Vogal: Lorena García Lago
Vogal: Ruth Ballesteros Canel
Vogal: Miguel Alejandro Fernández Vázquez

En Lugo, a 8 de agosto de 2018.

 

_____________________________________________________________________________

XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO (ata o 07/08/2018)
PRESIDENTE: OSCAR JOSÉ SURIS REGUEIRO
VICEPRESIDENTE EDIRECTOR TÉCNICO: LUÍS A. PIÑA REFOJOS
SECRETARIA: Mª DE LOS ANGELES OTERO TRIGO
TESOUREIRO: ROBERTO GÓMEZ ÁLVAREZ
DELEGADO PROVINCIA LUGO: FRANCISCO VILLANUEVA GONZÁLEZ
DELEGADO PROVINCIA CORUÑA: ARTURO LÓPEZ LAGO
DELEGADO PROVINCIA PONTEVEDRA: JOSÉ MANUEL CURIESES LÓPEZ
DELEGADO PROVINCIA OURENSE (1): FLORINDO JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ

DELEGADO PROVINCIA OURENSE (2): SANTIAGO ESCUDERO PEREIRA
RESPONSABLE TECNIFICACIÓN: JONATHAN CANCELA LOPERA
RESPONSABLE MENORES: LORENA GARCÍA LAGO
ASESORÍA XURÍDICA: ENRIQUE HIDALGO LUGO

 

CURRÍCULUM MEMBROS XUNTA DIRECTIVA:

ÓSCAR JOSÉ SURIS REGUEIRO

-Presidente Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno desde 2014
-Socio maioritario e administrador único de SURIS ABOGADOS, S.L.P. dende outubro de 2011
-Profesor de Derecho Civil do Master “Avogacía” da Universidade de Vigo-Ilustre Co-lexio de Avogados de Vigo dende 2012-
-Profesor de Derecho Civil da Escola de Práctica Xurídica “Concepción Arenal” do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo dende 2005-2012
-Letrado Xefe dos Servizos Xurídicos do Banco de Galicia, S.A., 2003-2005
-Avogado en exercicio dende 1987
-Diplomado Escola de Práctica Xurídica “Concepción Arenal” do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo, 1987.
-Licenciado en Dereito Universidade Santiago de Compostela, 1986.

 

MARÍA DE LOS ANGELES OTERO TRIGO

-Secretaria Xeral Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno
-Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Salamanca
-Xuíz Nivel I de Tríatlon
-Xuíz de Péntatlon Moderno
-Membro da Xunta Directiva da FEPM

 

ARTURO LÓPEZ LAGO
-Delegado Fegatri. Provincia de A Coruña dende 2014.
-Presidente del Club Triatlón Coruña desde 2006.
-Director Financeiro de Grupo Bap Conde S.A. (Axencia de Publicidade).
-Anteriormente Director Financeiro e Administrativo en diversas empresas dos sectores de Promoción Inmobiliaria, Construción e Informática.
-Diplomado e Licenciado en Ciencias Empresariais, Universidade de Santiago 1987
-Master en Valoración de Empresas, Universidade de Almería.

 

JOSE MANUEL CURIESES LOPEZ
– Delegado zona Pontevedra Federación Galega de Tríatlon.
– Responsable Comercial Noroeste POLAR ELECTRO IBERICA.
– Administración e Xestión (Universidade laboral de Xixón).