FERNANDO ALARZA E UXÍO ABUÍN, NA SEGUNDA PROBA DAS SERIES MUNDIAIS NAS ILLAS BERMUDAS ESTA FIN DE SEMANA

26 de Abril de 2018

O sábado 28 de abril (13:00 hora local, 18:00 hora española) celebrarase nas Illas Bermudas a segunda proba das Series Mundiais 2018, coa participación de Uxío Abuín e Fernando Alarza. Será a primeira vez que o Mundial chegue a estas illas do Caribe.

As Series Mundiais comezaron a comezos de marzo en Abu Dhabi coa sorpresa da vitoria de Schoeman. Esta proba nin Alarza ni Abuín (recén saído dunha pretempada complexa por molestias físicas) tiveron boas sensacións e acadaron uns modestos resultados. Agora ambos terán  unha nova oportunidade para sumar, despois de semanas de moito traballo. Ademais dos nosos deportistas, na lista de saída hai xente destacada coma o actual líder do Mundial Henri Schoeman, Mario Mola, Richard Murray, Vincent Luis, Coninx…. Sen dúbida, vimbias para unha moi boa proba.

Esta proba celebrarase na distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 de ciclismo e 10 de carreira a pe) e preocupa especialmente a humidade caribeña.

As Series Mundiais de Tríatlon 2018 están formadas por nove probas que se disputarán en Abu Dhabi, Bermuda, Yokohama, Nottingham, Leeds, Hamburgo, Edmonton, Montreal e Gold Coast (gran final). A primeira proba celebrouse a comezos de marzo coa vitoria de Henri Schoeman.

Quizáis che interese…