Formación de Xuíces- Xornadas de Actualización e Cursos N1.

Formación de Xuíces- Xornadas de Actualización e Cursos N1.

26/12/2013

Dentro das actividades de formación de Xuíces e Oficiais, a FEGATRI, ten prevista a celebración, en Santiago de Compostela dunhas xornadas de actualización para tódolos oficiais en activo.

Estas xornadas desenvólveranse grazas á colaboración da Universidade de Santiago que nos permite  o uso  dun local na Residencia Universitaria do Burgo.

XORNADAS DE ACTUALIZACIÓN E  RECICLAXE PARA OFICIAIS-2014

Data: Sábado, 28 de decembro de 2014.

Hora: 9:30 h. a 15:00 h.

Lugar: Residencia Universitaria Burgo das Nacións

Destinatarios: xuíces e oficiais en activo.

—————————

Así mesmo lembramos que o noso colectivo está aberto á incorporación de  todos aqueles interesados en coñecer o tríatlon dende outra perspectiva, participando e  colaborando na competición como oficiais.

Aberto o prazo de solicitude para o Curso Nivel 1 de Xuíces- Oficiais, ata  o próximo 2 de xaneiro

Máis información na seguinte ligazón.

CURSO DE OFICIAL TÉCNICO N1 DE TRÍATLON