GALICIA ARRASA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ACUATLÓN ESCOLAR EN VALENCIA

Fegatri 27/06/2013

 Galicia fixo historia hoxe en A´Alfás del Pi (Valencia) cunha actuación memorable das seleccións masculina e feminina no Campionato de España de acuatlón. Andrés Cendán e Carmen Gómez lograron o título de campións de España, e as pratas foron para os tamén galegos Marcos Ruíz e Inés Santiago.

 

CHICASNa proba feminina o dominio foi impresionante. As catro integrantes da selección galega, que adestran no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, remataron a proba, na que había 49 participantes, entre as sete primeiras. Carmen e Inés fixeron case toda a proba xuntas. Na natación Carmen logrou deixar a uns segundos a Inés e trala última transición puido aumentar algo máis a distancia, para chegar a meta con certa comodidade (20:32). A segunda posición foi para unha competitiva Inés Santiago a so dezaseis segundos de distancia (20:48), mentres que terceira se meteu a asturiana Lucía Vergara, que arrebatou o bronce a Carla Castaño por só 16 segundos. Tamén debemos destacar a sétima posición de Sara Guerrero, que se está a recuperar dunha  fractura no cóbado e levaba case dous meses sen adestrar.  Así, Galicia colocou ás súas catro deportistas entre as sete primeiras clasificadas.

CHICOSE na proba masculina tampouco nos podemos queixar. Andrés Cendán seque obtendo triunfos despois do logrado a semana en Altafulla (Tarragona) onde acadou o título de campión de España cadete sprint. O galego foi en cabeza dende o principio, sendo o primeiro no segmento de carreira a pe, sexto na natación e segundo no último sector (18:23). Marcos Ruiz fixo unha carreira a pe máis discreta, pero remontou ata a terceira posición na natación, facendo un tempo magnífico xunto ao andaluz Plácido Venegas. Ao final, Marcos logrou a prata cun tempo de 18:41, mentres que bronce foi Venegas (18:46). Ademais, Alejandro Pardo, que quedou demorado no primeiro segmento, foi remontando ata a sexta posición. O cuarto integrante da selección galega foi Víctor Souto que rematou na posición 32. Os participantes tiveron que realizar 1.500 metros de carreira a pe, 500 metros de natación e 1.500 metros de carreira a pe.

 

Mañá venres celebrarase o Campionato de España de Tríatlon por relevos e aquí os equipos están formados por tres integrantes, que terán que realizar cada un deles un mini-triatlon (300 metros de natación, 4 quilómetros de bicicleta e 1.500 metros de carreira a pe).