GALICIA, BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON ESCOLAR POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS

28 de Xuño de 2015

Galicia acadou a medalla de bronce no Campionato de España de Tríatlon Escolar por seleccións autonómicas, que se celebrou esta fin de semana en Águilas (Murcia). Hoxe disputouse a proba de relevos e Galicia ocupou a cuarta posición (equipo A) e a oitava (equipo B). Coa suma dos resultados das dúas xornadas, Galicia conseguiu a medalla de bronce, por detrás de Andalucía (campioa) e Madrid (prata).

 

Hoxe celebrouse a proba de relevos mixto, na que participaron equipos formados por dous homes e dúas mulleres que realizaron un mini-tríatlon. Cada deportista tiña que facer 300 metros de natación, 6 quilómetros de bicicleta e 1,5 de carreira a pe. O equipo A galego estaba formado por Raquel Ruíz, Alex Pardo, Iría Rodríguez e Marcos Ruíz. Raquel entregou a súa posta na cuarta posición, Alex foi quinto, Iria logrou adiantar a Castela a Mancha e colocarse na cuarta posición e Marcos mantivo este posto. A proba foi liderada por Madrid durante tres relevos, pero foi superada na última quenda por Andalucía (1º) e Valencia (cos primeiros clasificados do campionato de España de Pontevedra: Alberto González e Javier Llunch). O segundo equipo galego estivo formado por Rebeca Carnota, Víctor Souto, Inés Castaño e Manuel, que fixeron un gran traballo ao rematar na oitava posición.

 

No ano 2014 Galicia logrou a medalla de prata na clasificación xeral do Campionato de España de Tríatlon Cadete por seleccións autonómicas, que se celebrou en Allariz. Valencia proclamouse campioa de España.

Quizáis che interese…