GÓMEZ NOYA, SEXTO NA PROBA DAS SERIES MUNDIAIS DE LONDRES

1 de Xuño de 2014

Javier Gómez Noya soñaba cunha cuarta vitoria consecutivas nas Series Mundiais de Tríatlon, pero nesta oportunidade en Londres non puido ser. O galego, a pesar de facer unha moi boa proba, non foi o máis rápido nos metros finais. O triunfo foi para Mario Mola, por diante de Richard Murray. Sexta posición para Javier Gómez e sobre o resto dos galegos, unha moi discreta actuación.

A proba das Series Mundiais de Londres celebrouse este ano sobre a distancia sprint, e quizais por iso, houbo unha tremenda igualdade. Así, enfrontaron o último segmento un grupo importante de homes, con todos os favoritos e parecía claro que todo se ía decidir no sprint. E así foi.

Primeiro posto para Mario Mola, mentres que Gómez Noya foi sexto por detrás dos irmáns Brownlee. Iván Raña foi 29º, mentres que Fernando Alarza ocupou a 55ª posición.

Na carreira feminina, tamén discreta actuación de María Ortega (48ª) e Melina Alonso (52ª).

Quizáis che interese…