O galego Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo) tivo moi mala sorte no seu debú na longa distancia, no Campionato de España que se disputou hoxe en Callela (Barcelona). O deportista, que se atopaba moi ben, sufriu unha picada na bicicleta cando aínda estaba a comezar o segmento de bicicleta, e aínda que aguantou moitos quilómetros así, finalmente decidiu cambiar a roda e continuar a carreira ata o final, a pesar de encontrarse descualificado polo cambio da roda. O galego encontrouse moi ben na natación e ademais antes da picada xa lograra alcanzar ao grupo de cabeza na bicicleta, pero este contratempo acabou coas ilusións de Gustavo.
GRAN EXHIBICIÓN DOS EQUIPOS GALEGOS NA 2ª XORNADA DA LIGA NACIONAL DE DUATLÓN
O pasado sábado día 9 daba inicio á 2ª xornada das Ligas Nacionais de Clubes de Duatlón da...