GUSTAVO RODRÍGUEZ E PABLO DAPENA DISPUTARÁN O DOMINGO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA

Fegatri 19/10/2017
GUSTAVO RODRÍGUEZ E PABLO DAPENA DISPUTARÁN O DOMINGO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA
Gustavo Rodríguez (ouro) e Pablo Dapena (prata), no Campionato de España de Media Distancia.

Os galegos Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) participarán este domingo 22 de outubro (08:00 horas) no Campionato de España de Tríatlon de Longa Distancia, que se celebrará en Ibiza. Tamén terá lugar na illa balear a final da Copa de España de Media Distancia, polo que haberá un total de 450 participantes.

 Gustavo Rodríguez defenderá o título de campión de España acadado o pasado ano en Ibiza, nunha grandísima remontada. Esta tempada Gustavo rendeu a un nivel espectacular, aínda que no tramo final nos resultados non están a ser bos. Así, o tudense enfronta o último reto da tempada con moita ilusión e un pouco canso.Tamén participará na proba Pablo Dapena –subcampión de España de media distancia- que no seu salto á media e longa distancia está facendo unha campaña incrible.

As distancias neste campionato de longa distancia serán de 4 quilómetros de natación na praia de Figueretas, 118 quilómetros de bicicleta e finalizarán con 30 quilómetros de carreira a pe. Hai que recordar que o vindeiro ano este torneo se celebrará en Pontevedra.