GUSTAVO RODRÍGUEZ GAÑA O OCEAN LAVA DE MADEIRA, CON CRISTÓBAL DIOS NA TERCEIRA POSICIÓN

28 de Marzo de 2017

Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) gañou esta fin de semana o Ocean Lava de Madeira, facendo unha exhibición no sector de bicicleta. Ademais, outro galego, Cristóbal Dios (tamén do Tri-Penta Terras de Lugo) logrou subirse ao podio, na terceira posición.

Gustavo fixo unha proba moi regular. Saíu da auga no primeiro grupo, a pesar de que foi unha natación moi dura polo estado do mar (moi revolto). Tamén Cristóbal estivo a un gran nivel na auga, mentres que por diante se escapou o portugués Estrangeiro. A bicicleta foi decisiva para Gustavo, que aproveitou ao máximo os 91 quilómetros de  ciclismo para marcar diferenzas. Foi un sector moi duro tanto polas condicións meteorolóxicas (vento e choiva) coma polos desniveis existentes, e Gustavo foi o mellor e chegou á T2 con dez minutos de distancia sobre o segundo clasificado. Cristóbal sufriu neste segmento, a pesar de que chegou a segunda transición na terceira posición, pero xa sen opcións de alcanzar ao segundo.

Así, a carreira a pe foi moi cómoda para ambos deportistas, que non forzaron e mantiveron as distancias. Gustavo foi o primeiro clasificado cun tempo de 4:27:50, o segundo posto foi para o portugués José Estrangeiro (04:39:10) e na terceira posición chegou Cristóbal Dios (04:48:15).

As distancias na Ocean Lava de Madeira foron 1,9 quilómetros de natación, 91 quilómetros de ciclismo e 20,1 de carreira a pe.

 

Quizáis che interese…