Gustavo Rodríguez, gañador do Tríatlon da Rioxa con Cristóbal Dios na terceira posición

17 de Xuño de 2018

O Tríatlon da Rioxa tivo sabor galego, con dous deportistas da nosa terra no podio. Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou un triunfo absolutamente incontestable, mentres que o seu compañeiro de equipo Cristóbal Dios foi terceiro.

O triunfo de Gustavo foi cómodo, con algo máis de dez minutos sobre Carlos Santamaría, que foi segundo. Hai que destacar que Cristóbal ía na segunda posición a falta de 4 quilómetros para o final, pero tivo que parar por un problema intestinal, o que lle fixo perder unha posición.

No Tríatlón da Rioxa participaron uns 600 triatletas que tiveron que facer algo máis de 2 quilómetros de natacion, 90  de ciclismo e 21 de carreira a pe. A proba é valedeira para a Copa de España de Tríatlon de longa distancia,que está encabezada, coa mesma puntuacion, polos dous deportistas galegos. A falta dunha proba só eles poden aspirar ao título, que se decidirá en Pontevedra dentro dun mes.

 

Quizáis che interese…