Gustavo Rodríguez participa no Ironman de Sudáfrica.

5 de Abril de 2019

O domingo 7 de abril dende as 6:30 am (hora española) na cidade sudafricana de Porth Elizabeth disputarase o Ironman de Sudráfica proba que depará o campeón de África da franquicia.

Os mellores especialistas da distancia atopanse inscritos nunha proba de primeiro nivel mundial, e dónde atopamos ao triatleta tudense Gustavo Rodríguez. Que buscará alí a clasificación para o campionato do mundo da especialidade que se disputará como é tradición en Kona en outubro deste ano.

Esta será a segunda participación nunha proba de distancia Ironman para Gustavo, que o ano pasado participou a proba celebrada en Gales e que rematara en terceira posición.

A competición de Sudáfrica faise moi atractiva para todos os triatletas profesionais que buscan a clasificación para Hawaii, xa que na proba poranse en xogo 4 slots, e o sistema de Roll-down fai que corran as prazas en caso de que os primeiros clasificados xa estivesen clasificados.

Quizáis che interese…