GUSTAVO RODRÍGUEZ VENCE NO TRÍATLON DE ORIHUELA, MENTRES QUE PABLO DAPENA E SALETA CASTRO FORON PRATA

23 de Abril de 2017

Espectaculares resultados dos triatleas galego no Tríatlon de Media Distancia de Orihuela “Miguel Hernández”. Gustavo Rodríguez acadou o triunfo na categoría masculina, ao impoñerse a un gran Pablo Dapena, mentres que na feminina, segundo posto para Saleta Castro.

Na categoría masculina, Pablo Dapena foi mandando dende o inicio, cunha espectacular natación. O galego saiu da auga con máis de minuto e medio sobre os perseguidores, entre os que non se atopaba Gustavo Rodríguez, que saiu moito máis atrás (a case catro minutos).

As cousas se lle poñían moi costa arriba a Gustavo, que non baixou os brazos e comezou a súa remontada no seu segmento favorito, no que fixo un absoluto recital para chegar a T-2 con algo máis dun minuto de vantaxe sobre Pablo Dapena e o francés Syvain Sudrie, que chegaron xuntos á transición.

Na carreira a pe, Dapena foi recortando distancias e conseguió poñerse moi preto no quilómetro 12, pero no tramo final Gustavo apertou e logrou confirmar unha espectacular vitoria (04:00:09) con máis dun minuto de distancia sobre Pablo Dapena (04:01:13), que foi segundo facendo unha magnífica proba.

Na categoría feminina, tamén houbo grandes noticias para o tríatlon galego con Saleta Castro como protagonista. A galega saíu da auga na segunda posición, a 41 segundos de Dolça Ollé. No segmento de bicicleta, Saleta remontou e formouse un grupo de tres deportistas (Anna Noguera, Saleta Castro e Mabel Gallardo) que chegaron xuntas á segunda transición.

Na carreira a pe, gran traballo de Anna Noguera que logra escaparse para chegar a meta en solitario cun tempo de 4:43:09. A segunda posición foi para Saleta Castro a minuto e medio de distancia (4:45:58).

 

O Tríatlon de Orihuela dispútase sobre a media distancia, polo que os triatletas teñen que facer 1,9 quilómetros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21,4 de carreira a pe. Grandísima edición a deste ano con xente dun altísimo nivel.

 

 

Quizáis che interese…