HOXE 28 FINALIZA O PRAZO DE INSCRICIÓN EN GRUPOS DE IDADE DISTANCIA CURTA DO MUNDIAL DE DUATLÓN PARA DEPORTISTAS ESPAÑOIS CON PRAZA CONFIRMADA

28 de Febreiro de 2014

PARA DEPORTISTAS ESPAÑOIS/ÁS:

Recordade que o prazo de inscrición en Grupos de Idade de Distancia Curta finaliza mañá (28 de febreiro) para os seguintes casos:

1. Ata 15 prazas por Grupo de Idade no Campionato de España de Dúatlon Grupos de Idade Pontevedra 2013. Os 15 primeiros teñen a praza confirmada, tendo que formalizar a súa inscrición con data límite 28 de febreiro de 2014, para que esta quede garantida.

2. Ademais, aqueles atletas participantes en categoría Élite no Campionato de España de Dúatlon Pontevedra 2013, que desexen competir en Grupos de Idade e con reserva de praza segundo o listado publicado, deberán formalizar a súa inscrición con data límite 28 de febreiro para garantir a súa praza.

Non vos despistedes!

Recordade tamén que por acordo do Comité Organizador, as e os deportistas españois e portugueses terán unha importante rebaixa no custe de inscrición, que será de 100 euros fronte aos 155 para os extranxeiros.

 

Quizáis che interese…