INÉS SANTIAGO E CAMILA ALONSO COMPETIRÁN NA COPA DO MUNDO DE ASTANÁ

INÉS SANTIAGO E CAMILA ALONSO COMPETIRÁN NA COPA DO MUNDO DE ASTANÁ

18/05/2018
INÉS SANTIAGO E CAMILA ALONSO COMPETIRÁN NA COPA DO MUNDO DE ASTANÁ

As galegas Inés Santiago e Camila Alonso (ambas do Tríatlon Ferrol) competirán este sábado na Copa do Mundo de Astaná (Kazajistán), co obxectivo de sumar puntos para o ranking mundial. Xunto a elas estarán as súas compañeiras da selección española Anna Godoy e Cecilia Santamaría.

As galegas non regresaron a Galicia despois da súa participación na Serie Mundial de Yokohama, a pasada semana. Así, enlazaron con esta proba da Copa do Mundo, onde tentarán acadar mellores resultados que os de Xapón. As distancias en Astaná serán de 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de ciclismo e 10 de carreira a pe.