INÉS SANTIAGO, SEXTA NO EUROPEO DE DUATLÓN

25 de Abril de 2015

A galega Inés Santiago logrou a sexta posición no Campionato de Europa de Duatlón que se celebrou hoxe en Alcobendas.

Inés quedou descolgada nos últimos metros do primeiro segmento de carreira a pe e esta situación foi determinante no resto da proba. Aínda que a galega traballou a fondo nas primeiras voltas para intentar engancharse ao primeiro grupo, por diante sabían que era fundamental deixala fóra e se esforzaron ao máximo en mantelas diferenzas. Na segunda parte da bicicleta, Inés relaxou o ritmo para centrarse no último sector de carreira a pe, no que logrou o cuarto mellor parcial. Ao final, sexta posición para Inés Santiago neste campionato de Europa de Duatlón cun tempo de 01:04:59. O triunfo foi para a francesa Lucie Picard (01:02:40).

Entre as inscritas figuraba Cecilia Santamaría, que non se presentou por lesión.

 

Quizáis che interese…