IVÁN RAÑA, DÉCIMOSEGUNDO NO MUNDIAL DE IRONMÁN EN KONA CUNHA MAGNÍFICA REMONTADA NA CARREIRA A PE

11 de Outubro de 2015

O galego Iván Raña rematou no 12º posto no Campionato do Mundo de Ironmán en Kona, despois de facer unha espectacular remontada na carreira a pe, onde acadou o terceiro mellor parcial de todos os participantes. Jan Frodeno cumpriu co seu papel de favorito e proclamouse campión do mundo de Ironman cun tempo de 08:14:40.

Iván perdeu as súas opcións de loitar polo podio na bicicleta. Saiu no grupo dos favoritos na auga, perdendo algo máis dun minuto cos primeiros, pero moi ben colocado. Na bicicleta foi perdendo tempo e saiu a correr moi lonxe do líder, que xa era Jan Frodeno.

Na maratón, gran traballo do galego que logrou remontar varias posicións facendo un magnífico tempo. Ao final, Raña foi 12º cun tempo final de 08:34:27.

Quizáis che interese…