JAVI GÓMEZ NOYA 3º E ANTONIO SERRAT 18º NAS WTS DE LEEDS

JAVI GÓMEZ NOYA 3º E ANTONIO SERRAT 18º NAS WTS DE LEEDS

10/06/2019
JAVI GÓMEZ NOYA 3º E ANTONIO SERRAT 18º NAS WTS DE LEEDS

A cidade británica de Leeds no condado de Yorkshire acolleu unha nova cita da máxima competición a nivel mundial en distancia olímpica, as Series Mundiais. No Reino Unido e convocados pola selección española estaban o pentacampión do mundo Javi Gómez Noya e o vigués Antonio Serrat Seoane.

A competición que se disputou en distancía olímpica, contaba na liña de saída cun plantel de primeiro nivel no que se deron cita os seis medallistas olímpicos das últimas dúas olímpiadas. As olladas estaban postas no regreso as series mundiais dos irmáns Brownlee, que aparte competían na casa.

No primeiro segmento os nosos dous representantes completarono no grupo cabeceiro saindo ben posicionados para coller a bici. Nos 40km de ciclismo vimos como Alister Brownlee lanzaba un ataque a falta de 10km para tentar romper a carreira e chegar con máis vanztaxa á T2, aínda que finalmente foi neutralizado. Tanto Javi como Antonio iniciaron á carreira a pé ben posicionados e podendo optar a un bo resultado final. No último segmento e tras sucderse un bo número de ataques por varios corredores poidemos ver o duelo de Javi Gómez loitando polo terceiro chanzo do podio, co que se fixo o triatleta ferrolán. Antonio Serrat rematou na posición decimoitava e segue sumando puntos ITU a súa vez que acumula experiencia e probas de primeiro nivel.