Javi Gómez Noya quinto e Antonio Serrat duodécimo en New Plymouth

31 de Marzo de 2019

Foto: ITU Media

Na madrugada de hoxe (hora española) disputouse a Copa do Mundo de New Plymouth. Un dos principais alicientes da proba era o regreso do cinco veces campeón mundial, o galego Javi Gómez Noya, despois dun tempo centrado en probas de media e longa distancia. Acompañabao na competición o tamén galego Antonio Serrat Seoane.
Nos 750 metros de natación o primeiro en saír da auga foi, como se esperaba, Richard Varga. Antonio Serrat saiu o 23 e Javi Gómez o 31. Ao principio do segmento ciclista formaronse dous grupos con catro corredores escapados e un grupo máis numeroso que os seguía no que se atopaba Serrat. Gómez Noya viña por detrás remontando. Finalmente os dous grupos unificaronse e o triatleta ferrolán consegueu conectar con cabeza de carreira. Os triatletas galegos chegaron á T2 nun grupo unificado e con opcións de disputar a carreira, Javi Gómez cometeu un erro na transición, ao equivocarse no lugar que tiña que deixar a bici, e que ao postre privariao de repetir o triunfo do 2008. Tanto Serrat coma Gómez Noya sairon a correr no grupo perseguidor de dous triatletas que se escaparon nos primeiros metros da carreira a pé, pero non serian capaces de darlle caza, e o australiano Luke Willian fariase coa victoria.


A continuación deixamos as declaracións de Javi Gómez Noya en meta

Quizáis che interese…