JESÚS GOMAR, OITAVO NA COPA DE EUROPA DE TRÍATLON DE BANYOLES

27 de Xullo de 2014

Jesús Gomar logrou a oitava posición na Copa de Europa de Tríatlon de Banyoles, posto que, a pesar de ser moi bo, sabe a pouco ao deportista galego, que ía primeiro cando tivo que parar a cumprir unha penalización (penalti-box). Ademais, hai que destacar que Pablo Dapena foi 11º e Uxío Abuín, 16º. Tamén, María Ortega ocupou a décimo sexta posición na proba feminina. Todos eles foros os primeiros españois da clasificación xeral.

Na proba feminina Galicia contaba só con unha representante, María Ortega (deportistas do grupo de Alto Rendemento do CGTD), e foi a mellor das españolas presentes en Banyoles. Estivo sempre no grupo de cabeza e aínda que baixou un pouco no último segmento, aguantou e rematou a proba na 16ª posición cun tempo de 02:04:55. A gañadora da proba foi a francesa Alexandra Cassan Ferrier (01:59:46).

Na categoría masculina, Jesús Gomar chegaba nun gran momento de forma, como amosaban os seus últimos resultados (foi segundo na Copa de África de Larache e a pasada fin de semana ocupou a sétima posición na Copa de Europa de Ginebra), e volveu a amosalo en Banyoles. Tanto que parecía que ía loitar pola vitoria, pero no terceiro sector veuse obrigado a cumprir unha sanción e parar no penalti-box por colocar mal a bicicleta na zona de transición. Isto sucedía na terceira e última volta ao circuíto de carreira a pe e nese intre o galego ía primeiro (atacará antes de cumprir a penalización para ver se podía minimizar o custe da mesma). Pero xa non puido recuperar o tempo perdido e finalmente chegou a meta na oitava posición (01:48:30). O gañador da proba foi o británico Mark Buckingham (01:47:59). Tamén hai que destacar a undécima posición de Pablo Dapena e o décimo sexto posto de Uxío Abuín. Os tres galegos foron os primeiros españois en chegar a liña de meta. Ademais, Diego Paz foi o 31º e Antonio Serrat, que atacou en dous momentos durante o sector de bicicleta e despois pagou o esforzo, finalizou na 36ª posición. Nan Oliveras e Ricardo Hernández non puideron finalizar a proba.

A Copa de Europa de Banyoles celebrouse sobre a distancia curta (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe) e discorreu por uns paraxes espectaculares, en torno ao lago de Banyoles (o máis grande de Cataluña).

banyoles fem

www_triathlon_org_results_result_2014_banyoles_itu_triathlon

 

Quizáis che interese…