LOITO NO TRÍATLON GALEGO POLO FALECEMENTO DE XOSÉ ANXO CUBA

LOITO NO TRÍATLON GALEGO POLO FALECEMENTO DE XOSÉ ANXO CUBA

07/03/2018
LOITO NO TRÍATLON GALEGO POLO FALECEMENTO DE XOSÉ ANXO CUBA

O tríatlon galego está de loito polo falecemento hoxe de Xosé Anxo Cuba, ex directivo e colaborador desta federación durante moitos anos. Xosé Anxo foi, ademais dun amigo, un membro moi activo da federación: Formou parte da directiva case durante unha década na que lle tocou, entre outras tarefas, o difícil papel de tesoreiro. Cuba-pai de dous ex triatletas, Alba e Roi- era un apaixonado deste deporte e un traballador incansable, que sempre estaba disposto a botar unha man.

A xunta directiva da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno quere  facer chegar a toda a súa familia e amigos o noso máis sentido pésame e sumámonos á súa dor nestes complicados e duros momentos.

O seu corpo repousa no tanatorio das Gándaras (Lugo), onde mañá xoves, ás 17 horas haberá un acto de despedida.