LUISMI VELÁSQUEZ E MELINA ALONSO VENCEN NO XVII TRÍATLON CIDADE DE FERROL

5 de Agosto de 2017

Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) repetiron triunfo en Ferrol ao vencer por segundo ano consecutivo no Tríatlon Cidade de Ferrol, última proba do Circuíto Galego e clasificatoria para Campionato Galego 2017.

Na proba feminina as favoritas non decepcionaron e estiveron en cabeza dende o inicio. Na bicicleta Melina Alonso, Sara Guerrero e Ana Carvajal lograron escaparse xuntas cara á vitoria. O vento de cara complicaba aventuras en solitario polo que tivo que ser na carreira  pe onde se decidira o triunfo final. Melina, que xa vencera na edición do pasado ano, atacou para chegar á meta en solitario (1:09:31) por diante de Sara Guerrero (1:10:24), segunda, e Ana Carvajal, terceira cun tempo de 1:11:02.

Luismi Velásquez.

Na categoría masculina Luismi Velásquez foi dominando a proba dende a natación, ao saír da auga na primeira posición. O deportista do Tri-Penta tamén foi o máis rápido na bicicleta e na carreira a pe xa foi regulando esforzos para chegar a meta cun tempo de 1:01:12. A segunda posición foi para Diego Paz (Arcade Inforhouse), que rematou cunha magnífica carreira a pe para lograr subirse ao podio (1:01:17). Tamén tivo que remontar Alejandro Álvarez (Cidade de Lugo Fluvial) que foi de menos a máis para acadar o terceiro posto cun tempo de 1:02:08. Tamén hai que destacar a cuarta posición de Antón Ruanova (Arcade Inforhouse), que volvía a competir despois de superar unha mononucleosis.

A proba disputouse na modalidade de sprint, con 750 m de natación no Porto de Ferrol, 20 quilómetros do segmento de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pe, nunha tarde soleada pero con moito vento. Ademais da proba federación, tamén se celebrou un Nada e Corre non competitivo e un tríatlon popular, para acadar unha participación total de 350 deportistas.

Os vencedores doutras categorías foron:

  • Cadete: Nerea García (Náutico de Narón) e Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial)
  • Júnior: Ana Carvajal (Tríatlon Ferrol) e Javier Lluch (Cidade de Lugo Fluvial)
  • Sub 23: Sara Guerrero (Náutico de Narón) e Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo)
  • Veterán 1: Silvia Deira (Olímpico de Vedra) e Fady Hout (Natación Liceo)
  • Veterán 2: Laura López (Tri Ourense) e Andrés López (Tríatlon Vilagarcía)
  • Veterán 3: Fernando Huelín (Cidade de Lugo Fluvial)
  • Clubs: Tríatlon Ferrol (feminino) e Cidade de Lugo Fluvial (masculino)

 

triferrol 2017

 

 

 

Quizáis che interese…