MONFORTE DE LEMOS ACOLLERÁ O 29 DE XUÑO O CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DE CATEGORÍAS MENORES

27 de Xuño de 2013

 O Campionato Galego de Tríatlon para Menores celebrarase o sábado 29 de xuño (a partir das 16:00 horas) na localidade de Monforte de Lemos coa participación de aproximadamente 180 deportistas (44 benxamíns, 47 alevíns, 59 infantís e 30 cadetes).

 

As distancias serán diferentes, dependendo da categoría: Benxamín (100 metros natación – 2 quilómetros en bicicleta – 500 metros de carreira a pe); alevín (200 m. – 4 qm. – 1 qm.);  infantil (300 m. – 8 qm. – 2 qm.) e cadete (500 m. -10 qm. – 3 qm.). No campionato das categorías inferiores hai clasificación individual e de clubs, e para esta última súmanse os resultados de todas as categorías. A proba disputarase no Parque dos Condes de Monforte.

 

Ademais, o domingo 30 de xuño (11:00 horas) terá lugar o I Tríatlon Concello de Moaña, cunha participación de 273 deportistas. As distancias nesta proba serán de 750 metros para a natación, que se disputará na praia da Xunqueira; 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe polo paseo marítimo.

 

 

Quizáis che interese…