NA COPA DO REI, PRATA PARA O CIDADE DE LUGO FLUVIAL

5 de Maio de 2018

E na Copa do Rei, prata para o Cidade de Lugo Fluvial, que quedou a só uns vinte segundos do primeiro posto, que foi para o FastTriatlon, vencedor do pasado ano.

O Cidade marcou moi bos tempos en todos os sectores, pero o FastTriatlon estivo un pouco mellor en natación e bicicleta, e así foi como consolidou a súa vitoria. O triunfo foi para o club catalán cun tempo de 56:22, mentres que o Cidade -Antonio Benito, Andrés Cendán, Javi Lluch, Alejandro Álvarez, Kevin Viñuela e Romaric Forques- entrou segundo (56:46). O bronce foi para o Universidade de Alacante, que quedou por diante de Arcade Inforhouse (4º clasificado, cun tempo de 57:35). Tríatlon Arteixo rematou na 28ª posición, Natación Riveira foi 38º e Olímpico de Vedra ocupou a 50ª posición, dun total de cen equipos participantes.

Esta proba, que se desenvolve sobre a distancia sprint, é unha  contrarreloxo por equipos, os cales están compostos por un máximo de 6 membros e deben rematar polo menos catro para clasificar. O cuarto clasificado é o que da o tempo. Os equipos saen en intervalos de 1 minuto, polo que hai que esperar ata o final para coñecer o gañador.

 

Quizáis che interese…