NAUTICO DE NARÓN FEMININO E OLÍMPICO DE VEDRA MASCULINO, CAMPIÓNS GALEGOS DE DÚATLON CONTRA O RELOXO POR EQUIPOS

NAUTICO DE NARÓN FEMININO E OLÍMPICO DE VEDRA MASCULINO, CAMPIÓNS GALEGOS DE DÚATLON CONTRA O RELOXO POR EQUIPOS

17/02/2018
NAUTICO DE NARÓN FEMININO E OLÍMPICO DE VEDRA MASCULINO, CAMPIÓNS GALEGOS DE DÚATLON CONTRA O RELOXO POR EQUIPOS

Náutico de Narón (feminino) e Olímpico de Vedra (masculino) lograron hoxe en Vedra revalidar o título de campións galegos de Dúatlon contra o reloxo por equipos, nunha proba que reuniu a case 90 equipos e preto de 500 participantes.

Na categoría feminina, o título foi para o Náutico de Narón, que acudía a esta cita como vixente campión e volveu ocupar o primeiro posto e con moita superioridade sobre as rivais (1:17:50). A segunda posición foi para o Arcade Inforhouse (1:23:19), mentres que o terceiro posto foi para o NoSportLimit (1:23:37).

No Galego masculino, cunha participación de 24 equipos, o Olímpico do Vedra tamén defendía o título e volveu a repetir triunfo, cun equipo formado por Juan Cepeda, Víctor Bouzón, César Otero, Ismael García, Manuel Dosil e Jacobo Crego. O tempo do Olímpico de Vedra foi de 59:50. A segunda posición foi para o Arcade Inforhouse (1:00:37), mentres que o terceiro chanzo do podio foi ocupado polo Tríatlon Arteixo (1:00:47).

Na proba Open, na que participaron máis de 50 equipos, triunfos para o Olímpico de Vedra (masculino) e NoSportLimit (feminino). Hai que destacar a enorme participación nesta proba, que se celebra ano tras ano en Vedra.

Nesta modalidade contra o reloxo, os equipos (compostos por entre 4 e 6 compoñentes) saen de xeito escalonado cada minuto e teñen que disputar a proba agrupados en todo momento. Non está permitido o drafting (ir a roda doutro equipo) e o tempo está marcado polo cuarto integrante do equipo en chegar a meta. O recorrido é de 5 quilómetros a pe, 20 en bicicleta e 2,5 qm. a pe novamente.