O 23 DE MAIO CELEBRARASE EN CANTABRIA UN CLASIFICATORIO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PÉNTATLON MODERNO

21 de Maio de 2015

O sábado 23 de maio celebrarase en Cantabria a segunda proba clasificatoria para o Campionato de España de Péntatlon Moderno de categorías menores. Neste torneo participará a selección galega, formada por 12 deportistas.

 

A competición, que terá lugar na tarde do sábado, conta coa celebración das probas de natación e combinada para as categorías menores (ata cadete). A selección galega está formada por: Ainhoa Corral, Clauda Gámez, Óscar López, Martín Freije, Andrea Vidal, Manuel Sotelo (Tri-Penta Terras de Lugo),  Roque Torre, Rodrigo George Gómez, Germán Álvarez, Gabriel Mella, Julián Noya e Francisco Prado (Zalaeta 100 Tolos).

 

 

Quizáis che interese…