O 25 DE XUÑO CELEBRARASE EN AS PONTES O  CAMPIONATO GALEGO DE LONGA DISTANCIA  

23 de Xuño de 2016

O sábado 25 de xuño (07:15 horas) celebrarase en As Pontes o NorthWest Triman 2016, que contará cunha proba da distancia Ironmán, que será ademais a terceira edición do Campionato Galego de Longa Distancia, así coma unha proba de media distancia. En total, case 600 deportistas entre as dúas probas.

Por terceiro ano consecutivo, As Pontes repite como escenario do Campionato Galego de Longa Distancia, no que os participantes terán que facer 3,8 quilómetros de natación no Lago das Pontes, o lago artificial más grande de Europa. Posteriormente, tomarán a bicicleta para recorrer os 180 quilómetros da proba, que unirá as localidades de As Pontes e Vilalba. E rematarán cos 42,2 quilómetros de carreira a pe, no entorno do lago. É o único tríatlon da distancia Ironmán que se celebra en Galicia.

Ás 07:15 horas comezará a proba de media distancia (1,9 – 90 – 21) con case 350 triatletas, mentres que ás 07:30 horas darase á saída aos case 225 deportistas que enfrontarán a longa distancia. Entre os inscritos atópase Fernando Luiña, campión no ano 2015 e segundo en 2014, polo que se perfila como gran favorito para volver ao máis alto do podio.

Ao ser unha proba de tantas horas de duración, a organización dispuxo no entorno do lago actividades lúdicas para as familias e os máis pequenos.

No ano 2015 Fernando Luiña (Independente) e Cristina Santiago (NoSportLimit) proclamáronse campións galegos de Longa Distancia nas Pontes.

Quizáis che interese…