O 9 DE ABRIL CELEBRARASE EN VIGO O CAMPIONATO GALEGO DE DÚATLON DE ESTRADA

6 de Abril de 2017

O domingo 9 de abril celebrarase o  II Dúatlon Cidade de Vigo, que será ademais o Campionato Galego de Dúatlon. A proba contará coa inscrición de 133 deportistas de máis de 30 clubs galegos, que acadaron a súa clasificación no Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017. Ademais da proba federada, haberá tamén un dúatlon popular (09:30 horas), que terá unha participación de 108 deportistas.

Na proba feminina, que comezará ás 11:30 horas, están inscritas 47 duatletas e dun gran nivel, polo que gozaremos cunha gran proba. Así, podemos destacar a participación de Camila Alonso (Tríatlon Ferrol), Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo), Alba Caamaño (Olímpico de Vedra), Inés Castaño (Arcade Inforhouse) ou Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo), entre outras.

Na categoría masculina (12:45 horas) espectacular participación con nomes como os de actual campión galego, Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo), Brais Canosa (Arcade Inforhouse), o vigués Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo), Alberto Castiñeira (Tríatlon Arteixo), Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial), Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo), Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial), Juan Sebastián Díaz (Tríatlon Poio), Enrique Morán (Atletismo Porriño) ou Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), entre outros deportistas destacados.

A saída, transición e meta estarán instaladas na praia de Samil  e as distancias son de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira.

2016. Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) e Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse o pasado ano campións galegos de dúatlon no XXVI Dúatlon Concello de Lugo “Memorial Alejandro López”.

 

 

Quizáis che interese…