O DOMINGO 11 DE FEBREIRO MÁIS DE 200 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO NADA E CORRE DE VIGO 2018

Fegatri 08/02/2018
O DOMINGO 11 DE FEBREIRO MÁIS DE 200 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO NADA E CORRE DE VIGO 2018

Máis de 200 deportistas (das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete) participarán o domingo 11 de febreiro no Nada e Corre de Vigo, terceira proba zonal do programa Nada e Corre 2018.

O Nada e Corre de Vigo celebrarase no Complexo Deportivo de As Travesas. A proba de natación comezará ás 09:30 horas e desenvolverase na piscina de As Travesas, mentres que a carreira a pe disputarase na pista de rodaxe do complexo deportivo a partires das 12:00 horas. Na categoría alevín están inscritos 51 deportistas (masculinos e femininos), mentres que en benxamín son 43 e en cadete 33. Ademais, hai 42 infantiles e 34 prebenxamíns.

O programa Nada e Corre da presente tempada, que se desenvolve entre os meses de decembro e febreiro, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Narón, Riveira, Vigo e Carballo) e unha final. A final aínda non ten data  e para a mesma clasificaranse os catro primeiros deportistas por categoría e sexo de cada proba zonal.

As distancias a realizar dependerán das categorías:

  • Prebenxamín: 25 metros de natación e 250 de carreira a pe.
  • Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
  • Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
  • Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
  • Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.