O DOMINGO 30 SALETA CASTRO DISPUTARÁ EN LOS CABOS O PRIMEIRO IRONMAN DO ANO 2014

28 de Marzo de 2014

Saleta Castro iniciará este domingo o seu reto particular: Lograr a clasificación para o Campionato do Mundo de Ironmán en Hawaii, e para iso ten que sumar os puntos necesarios e clasificarse entre as trinta mellores do mundo. Así, o primeiro reto será este domingo 30 de marzo en Los Cabos (México), onde se celebrará o primeiro Ironmán do 2014.

Saleta está desexando debutar este ano e comprobar como todo o traballo desenvolvido nestes meses de duros adestramentos ten a súa resposta no momento da competición. A través do seu twitter indicou que as condicións serán moi duras: “33 grados e moitísima humidade. Carreira de supervivencia. Como nos gusta!”.

Saleta cambiou a longa distancia hai un par de tempadas e agora ten o obxectivo de lograr a clasificación para o Mundial de Hawaii e para iso ten que sumar moitos puntos que lle permitan escalar posicións no ranking mundial (actualmente ocupa o posto 65). As distancias do Ironmán son de 3.800 metros de natación, 180 quilómetros en bicicleta e 42,2 de carreira a pe.

Quizáis che interese…