O DOMINGO 6 DE XULLO CELEBRARASE O IV TRÍATLON CONCELLO DE ARTEIXO

3 de Xullo de 2014

O IV Tríatlon Concello de Arteixo, segunda proba do  Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada e clasificatorio para o Campionato Galego 2014, celebrarase o domingo 6 de xullo coa participación de case trescentos deportistas.

A competición comezará ás dez da mañá coa saída da proba popular e os participantes terán que facer distancias máis curtas (300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pe). O resto das probas disputaranse sobre a distancia sprint (750-20-5).

Ás 12:10 horas darase a saída á proba feminina, na que parten como favoritas a mexicana Adriana Barraza (Muralla de Lugo), Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo), Xiana Rendo (Dexter Tríatlon Compostela) ou Inés Santiago (Tríatlon Ferrol). Para a proba masculina haberá dúas saídas: ás 11:00 h comezará a proba B, mentres que ás 12:30 horas será a saída elite masculina. Os favoritos para loitar polas primeiras posicións son os mexicanos Abraham Roberto Castellanos (Muralla de Lugo) e César Ramiro Saracho (Muralla de Lugo), xunto a Nan Oliveiras (Terras de Lugo), Brais Canosa (Arcade Inforhouse), Cristóbal Dios (Arcade Inforhouse) ou Antón Ruanova (Arcade Inforhouse).

O Tríatlon de Arteixo terá como punto de saída, transición e meta a praia de Sabón e a natación realizarase no mar. O percorrido de bicicleta ten moitas pequenas pendentes polo que será bastante duro, mentres que a carreira a pe discorrerá polo paseo marítimo.

Quizáis che interese…