PRESENTADO O NORTHWEST TRIMAN -CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON LONGA DISTANCIA-

11 de Xuño de 2019

A Casa do Concello de As Pontes de García Rodríguez acolleu a presentación dunha nova edición do Northwest Triman. Esta será a sexta edición. Acollendo unha vez máis o Campionato Galego de Tríatlon de Longa Distancia.

Á presentación acudiron representantes de todas as marcas colaboradoras que fan posible este evento. Membros do Club Galiorient Sports que corren a cargo de toda a organización da proba. Por parte da Fegatri acudiu a Secretaria Xeral, Mónica Flores. Por parte do Concello, o tenente alcalde Antonio Alonso. Avogou pola singularidade deste evento que reune na vila a deportistas chegados dende toda España e Portugal, reafirmando o apoio total por parte do consistorio cara esta proba.

O enclave da praia do Lago acollerá o próximo domingo 16 dende primeira hora da mañá os 720 participantes que tomarán parte nas dúas probas que se van a celebrar. Xa que de maneira paralela á disputa do Campionato Galego de Longa Distancia tamén se disputará unha proba de Media Distancia. Os triatletas que queiran optar ao título galego terán que nadar 3,8km pedalear 180km en solitario e para rematar completar os 42,2km que compoñen a maratón.

Quizáis che interese…